Alumnos

Etiquetas:
23/10/2020

O vindeiro martes,  27 de outubro, a experta en marca persoal e marketing dixital Verónica Ramallal (CEO de Pekecha) será a encargada de impartir unha masterclass para o alumnado do CIFP Porta da Auga, de Ribadeo, a través dun webinar que será retransmitido ás 9:30 da mañá e que terá unha duración aproximada de 90 minutos.

O vicedirector do centro, Adrián López, explica que “os participantes poderán coñecer novas estratexias para enfrontarse ó mercado laboral de forma eficaz nun contexto tan complexo e cambiante como o que actualmente nos está tocando vivir”.

Esta formación será gratuíta e o CIFP Porta da Auga dispón dun número de prazas limitado para as persoas alleas ó centro, por iso toda aquela persoa que estea interesada poderá obter máis información accedendo á nova páxina web do Porta da Auga (...

leer más
Etiquetas:
25/04/2018

Dentro das actividades programadas para este curso e incluídas nos actos conmemorativos do 20º aniversario da fundación da Escola Municipal de Música de Burela, a aula de chelo, formación básica, violas e coro infantil ofrecerán mañá, xoves 26 de abril, ás 19:00 horas na sede do centro un concerto de alumnos destas especialidades.

Anunciouno o director da escola de música, Xan Carballal, quen especificou que neste concerto interpretarán obras de Suzuky, Mozart e Mendelsohn, entre outros compositores.

Neste acto participarán 40 alumnos con idades comprendidas entre os catro e os 16 anos.

Etiquetas:
01/10/2017

O Concello de Mondoñedo porá en marcha o proxecto “Cada neno un instrumento”, coordinado entre a Escola Municipal de Música “OPallarego” e o CEIP Álvaro Cunqueiro Mora, que ten como finalidade incentivar o interese pola música entre o alumnado en idades temperás, así como achegar o proxecto da Escola de Música aos nenos.

O edil de Educación, Alberto García, e a profesora da Escola de Música, Xulia Nogueira, presentaron esta mañá o proxecto, que botará a andar na cidade no mes de outubro, e que xa se está a desenvolver con éxito en Alemaña. 

A través deste programa permítese que o nenos recibanno centro educativo, e de xeito gratuíto, clases dun mestre da Escola de Música.En concreto, no caso mindoniense, esta iniciativa dirixirase ao alumnado de 3º e 4º de Primaria e consistirá en que, unha vez cada quince días,...

leer más
Etiquetas:
05/04/2017

Antigu@s alumn@s, profesores y trabajadores del Complejo de Benquerencia (Barreiros), en el que hace 40 años se impartía el primer grado de FP en la rama agraria, se reunirán en un encuentro el próximo 29 de abril. 

El Complejo de Benquerencia acogió durante una década, desde el curso 1976/77 a 1986,  ese primer grado de FP por el que pasaron más de 600 alumnos procedentes del norte y centro lucense y también del Occidente asturiano. 30 años después del cierre de la FP en Benquerencia antiguos alumnos, profesores y trabajadores se reunirán el próximo día 29 para hacerse una foto en el lugar que en su día ocupó el Complejo, luego habrá una comida en el restaurante La Yenka y después visitarán la playa de As Catedrais. 

Luciano Zubillaga, uno de los miembros de la comisión organizadora, explica que “la idea surgió a...

leer más