Barreiros

Etiquetas:
02/11/2026

Barreiros acollerá este domingo, 8 de novembro, a oitava edición da carreira popular Ao Son do Masma, un evento “xa consolidado no calendario deportivo do municipio que organiza o Colectivo Cultural Ollomao en colaboración co Concello. A cita servirá un ano máis para poñer o punto e final ao circuíto municipal de carreiras populares +KmsBarreiros, concibido para promover a vida saudable, o contacto coa contorna natural e a dinamización do tecido veciñal”.

O Concello de Barreiros explica tamén que “o circuíto desembarca en Celeiro de Mariñaos cun aliciente deportivo máximo: tras varias citas ao longo do ano, os puntos finais en xogo decidirán as clasificacións xerais, onde as diferenzas son mínimas e a emoción está garantida ata os últimos metros. A xornada arrancará ás 10:30 horas coa andaina popular (con opcións de 8,6 e 5,6...

leer más
30/10/2026

Dentro da programación cultural do Concello de Barreiros este domingo, día 1 de novembro, a monologuista Leti da Taberna ofrecerá o seu show  titulado Enredada. Será ás 19:00 horas no Centro Sociocultural de San Cosme, con entrada de balde ata completar aforo.

O Concello de Barreiros explica que é “un monólogo dirixido ao público adulto no que a artista explora en ton irónico a nosa relación coas redes sociais e como nos inflúen no noso día a día. En galego e con perspectiva feminista, Enredada enche o escenario de luz e enerxía, provocando que a espectadora se vexa identificada coas situacións que se presentan e acabe ríndose de si mesma”.

29/10/2026

Gargallada Teatro representará en Barreiros a obra titulada García, un cadáver informal. Será este sábado, día 31 de outubro, ás 20:00 horas no Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de San Cosme. O prezo da entrada é de 3 euros e estarán á venda desde media hora antes da función).

Esta representación está organizada polo Colectivo Cultural Ollomao, que anuncia: “chegamos á última proposta deste ciclo de teatro amador de Barreiros, organizado por Ollomao en colaboración con Fegatea. E despedímonos cunha nova compañía que vén cargada de humor e situacións disparatadas! A Asociación Cultural para a Promoción das Artes Escénicas Gargallada nace no Barco de Valdeorras en novembro de 2006. Un ano despois créase no seu seo Gargallada Teatro, o grupo de teatro afeccionado que se converte no eixo central das súas actividades culturais...

leer más
Etiquetas:
27/10/2026

Corenta persoas realizaron a o oitava e última etapa do Camiño Francés o pasado sábado. A cita foi organizada pola Asociación Cultural Camiñantes e Camiños, de Barreiros. Os participantes fixeron esta ruta durante varias fins de semana desde o mes de abril. E no 2027, Ano Santo, o colectivo barreirense fará o Camiño Primitivo desde Fonsagrada.

O presidente de Camiñantes e Camiños, José Manuel Gómez Puente, contou que “foi unha das etapas máis numerosas. Foi curta, pero intensa. Estar preto da Catedral de Santiago sempre da un plus de enerxía. Asistimos á misa do peregrino na igrexa de San Agustín, xa que o Altar Maior da Catedral está en obras”. E engadiu: “foi unha xornada para compartir en harmonía e para rematar o Camiño Francés, que foi o que fixemos neste 2026”.

Ademais Gómez Puente anunciou que “no 2027, que...

leer más
Etiquetas:
26/10/2026

O segundo certame de teatro afeccionado do Concello de Barreiros, organizado pola Área de Dinamización e Participación Veciñal coa colaboración do grupo de teatro local do colectivo cultural Ollomao, seleccionará sete obras que se representarán entre os meses de xaneiro e marzo de 2027.

A mellor obra será galardoada co premio Ollomao de ouro, a segunda co Ollomao de prata e a terceira co Ollomao de bronce. Tamén serán premiados a mellor actriz principal e secundaria, o mellor actor principal e secundario e entregarase o premio especial do público á obra mellor valorada polas persoas que asistan ás funcións.

As bases do certame poden consultarse na web do Concello (www.concellodebarreiros.gal) e as obras poderán presentar a súa solicitude...

leer más
23/10/2026

O Concello barreirense anuncia que os obradoiros divulgativos e educativos do proxecto Vivir o Mar: Produto Local e Deporte no Litoral de Barreiros, que “promove un modelo de benestar integral entre a poboación infantil e xuvenil nos colexios do municipio”, continuarán o luns 26 e o martes 27 de outubro no colexio San Miguel de Reinante e rematarán o luns 2 de novembro, con sendas charlas no colexio de San Cosme e de San Miguel de Reinante, que contarán coa participación activa do cociñeiro Javier Montero e da ximnasta rítmica e investigadora Candela Martínez Bobo.

Ademais dos obradoiros, o proxecto Vivir o mar tamén organizará dous certames escolares sobre hábitos de vida saudable, “uns concursos dirixidos ao alumnado co obxectivo de fomentar a reflexión sobre a alimentación equilibrada, a práctica deportiva e a...

leer más
23/10/2026

Celeiro de Mariñaos, no municipio de Barreiros, celebrará un magosto este domingo, día 25 de outubro, nas escolas da parroquia.

Está organizado pola asociación Irmandade San Caetano e as actividades comezarán ás 13:00 horas cunha sesión vermú coa actuación musical de Carta de axuste. Desde as 14:00 horas será a comida e ás 17:30 horas haberá chocolatada con música en directo.

Etiquetas:
23/10/2026

O grupo de teatro Tiruleque, de Carballiño, representará a obra titulada A conspiración da piolla este sábado, día 24 de outubro, ás 20:00 horas nas Escolas Vellas de San Miguel de Reinante (Barreiros). O prezo das entradas é de 3 euros e venderanse desde media hora antes da función.

É unha representación incluída no ciclo de teatro amador organizado polo Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, que anuncia: “o grupo de teatro Tiruleque é unha asociación cultural sen ánimo de lucro que vén desenvolvendo distintas actividades, con participación activa na cultura do Carballiño dende 1985. Presentan A conspiración da piolla”, que é “unha comedia de intrigas e sorpresas”.

21/10/2026

O Concello de Barreiros desenvolverá, entre os meses de novembro de 2026 e xuño de 2027, un programa de actividades de dinamización comunitaria nas distintas parroquias do municipio a través do obradoiro de emprego Máis Talento, que actualmente desenvolve a súa labor nos concellos de Barreiros e Ribadeo.

A oferta de talleres “é variada e está pensada para dar resposta aos intereses e necesidades de cada comunidade. Englobaranse tres grandes liñas de traballo: talleres de manualidades e artesanía, que incluirán modelado e pintura en cerámica, pintura en lenzo, elaboración de xabóns e candeas artesanais, entre outras propostas; talleres de risoterapia orientados ao benestar e á conexión social; e talleres de memoria oral baixo o título “Tesouros vivos”, centrados na recompilación de tradicións, testemuños e encontros interxeracionais para...

leer más
Etiquetas:
20/10/2026

O Concello de Barreiros, a través da súa área de Igualdade e no marco do programa +Igualdade Barreiros, suma a súa voz por segundo ano consecutivo á celebración do Ciclo de Cine e Mulleres Rurais, unha iniciativa promovida polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación para “visibilizar o papel fundamental da muller no medio rural”.

Nesta segunda edición, o ciclo contará coa proxección de tres filmes que “poñen a muller no centro da narrativa, abordando cuestións como o sacrificio, o amor, a resiliencia e, con frecuencia, a invisibilidade que historicamente sufriron as mulleres no ámbito rural”, explica o Concello de Barreiros, que engade “todas as citas terán lugar no Centro Social de San Cosme ás 18:00 horas. O 25 de outubro, La buena suerte, de Gracia Querejeta; o 8 de novembro, La buena letra, de Celia...

leer más