Barreiros

23/10/2026

Celeiro de Mariñaos, no municipio de Barreiros, celebrará un magosto este domingo, día 25 de outubro, nas escolas da parroquia.

Está organizado pola asociación Irmandade San Caetano e as actividades comezarán ás 13:00 horas cunha sesión vermú coa actuación musical de Carta de axuste. Desde as 14:00 horas será a comida e ás 17:30 horas haberá chocolatada con música en directo.

Etiquetas:
23/10/2026

O grupo de teatro Tiruleque, de Carballiño, representará a obra titulada A conspiración da piolla este sábado, día 24 de outubro, ás 20:00 horas nas Escolas Vellas de San Miguel de Reinante (Barreiros). O prezo das entradas é de 3 euros e venderanse desde media hora antes da función.

É unha representación incluída no ciclo de teatro amador organizado polo Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, que anuncia: “o grupo de teatro Tiruleque é unha asociación cultural sen ánimo de lucro que vén desenvolvendo distintas actividades, con participación activa na cultura do Carballiño dende 1985. Presentan A conspiración da piolla”, que é “unha comedia de intrigas e sorpresas”.

21/10/2026

O Concello de Barreiros desenvolverá, entre os meses de novembro de 2026 e xuño de 2027, un programa de actividades de dinamización comunitaria nas distintas parroquias do municipio a través do obradoiro de emprego Máis Talento, que actualmente desenvolve a súa labor nos concellos de Barreiros e Ribadeo.

A oferta de talleres “é variada e está pensada para dar resposta aos intereses e necesidades de cada comunidade. Englobaranse tres grandes liñas de traballo: talleres de manualidades e artesanía, que incluirán modelado e pintura en cerámica, pintura en lenzo, elaboración de xabóns e candeas artesanais, entre outras propostas; talleres de risoterapia orientados ao benestar e á conexión social; e talleres de memoria oral baixo o título “Tesouros vivos”, centrados na recompilación de tradicións, testemuños e encontros interxeracionais para...

leer más
Etiquetas:
20/10/2026

O Concello de Barreiros, a través da súa área de Igualdade e no marco do programa +Igualdade Barreiros, suma a súa voz por segundo ano consecutivo á celebración do Ciclo de Cine e Mulleres Rurais, unha iniciativa promovida polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación para “visibilizar o papel fundamental da muller no medio rural”.

Nesta segunda edición, o ciclo contará coa proxección de tres filmes que “poñen a muller no centro da narrativa, abordando cuestións como o sacrificio, o amor, a resiliencia e, con frecuencia, a invisibilidade que historicamente sufriron as mulleres no ámbito rural”, explica o Concello de Barreiros, que engade “todas as citas terán lugar no Centro Social de San Cosme ás 18:00 horas. O 25 de outubro, La buena suerte, de Gracia Querejeta; o 8 de novembro, La buena letra, de Celia...

leer más
16/10/2026

O Concello de Barreiros pon en marcha unha nova edición do programa de talleres lúdicos de estimulación cognitiva dirixido á veciñanza maior de 65 anos, ás persoas xubiladas maiores de 60 anos e ás persoas con discapacidade, que comezará en novembro.

“É un espazo para exercitar a memoria, a atención, a concentración e a creatividade, favorecer as relacións sociais e compartir experiencias, aprendendo e desfrutando en compañía”, explica o Concello de Barreiros, que ademais anuncia que as preinscricións para novas incorporacións deben facerse do 21 ao 30 de outubro nas Oficinas Xerais do Concello. E as persoas participantes na edición anterior contan coa reserva automática da súa praza ata o 13 de novembro.

A actividade terá unha taxa anual de 10 euros e cada grupo contará cun máximo de 25 participantes.

15/10/2026

A Asociación Cultural de Sendeirismo Camiñantes e Camiños, de Barreiros, realizará o 24 de outubro, sábado, a oitava e última etapa do Camiño Francés, que os participantes fixeron durante varias fins de semana desde o pasado mes de abril.

O presidente do colectivo, José Manuel Gómez Puente, lembrou: “arrincamos o pasado 18 de abril en Pedrafita do Cebreiro e remataremos agora as oito etapas nas que dividimos o Camiño Francés co treito comprendido entre Lavacolla e Santiago, que son 10 quilómetros, ou entre o Monte do Gozo e Santiago, que son 4 quilómetros. Así adaptámonos un pouco as condicións físicas de todos os participantes”.

A saída desde Barreiros está prevista para as 6:30 da mañá. O prezo do autobús, que trasladará aos asistentes, máis a comida é de 40 euros para os socios e de 45 euros para os non socios...

leer más
14/10/2026

A Área de Medio Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora coa Fruga e coa Asociación Galega de Viticultura na organización dun Túnel do Viño Tinto, que se celebrará este venres, día 16 de outubro, en Barreiros. E explica que “a iniciativa busca poñer en valor a diversidade dos viños tintos producidos na provincia e achegar ao público a súa riqueza. O túnel contará cun total de 15 viños, cinco da IXP Terras do Navia, seis da D.O Ribeira Sacra e outros catro que non forman parte de ningunha distinción xeográfica”.

O deputado de Medio Rural, Daniel García, explicou: “queremos reivindicar todo o traballo que hai detrás da produción de viño e o seu potencial para contribuír á conservación do territorio”.

A xornada, que terá lugar no local das Escolas de San Cosme, complétase coa conferencia Tintos de...

leer más
14/10/2026

O Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, organiza unha excursión ao Courel para o día 23 de outubro, venres. O punto de encontro será no Restaurante Asador ás 8:40 horas.

As reservas poden facerse a través do teléfono 678.546.526 (WhatsApp) e o prazo de inscrición remata este xoves, 15 de outubro, ás 20 horas. As prazas son limitadas con preferencia para persoas socias do Colectivo Cultural Ollomao, que explica: “hai lugares aos que apetece ir antes mesmo de saber todo o que nos espera. O Courel é un deses lugares. Unha terra de montañas, aldeas, camiños e paisaxes que convidan a parar un pouco e mirar ao redor. E desta vez imos descubrilo xuntas, nunha excursión incluída no programa Coñece a túa Provincia, da Deputación de Lugo, para coñecer algúns dos seus recunchos e tamén parte da súa historia e da súa cultura. Comezaremos o día...

leer más
Etiquetas:
07/10/2026

A área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación promove a difusión do documental Prisciliano e a Gallaecia achegando a súa exhibición a diferentes concellos da provincia. Trátase dunha serie de encontros divulgativos sobre Prisciliano, que contará coa participación de Aser Álvarez, director do documental, Diego Piay, historiador, Victorino Pérez, experto en Prisciliano, e Xabier Correa Corredoira, membro do equipo artístico. O venres 13 de novembro proxectarase en Barreiros e o domingo 15, en Burela.

A deputada de Cultura, Iria Castro, destacou a relevancia deste documental, “o primeiro que se realiza sobre a súa vida”, que axuda á recuperación da figura do bispo, pois “non se ten divulgado o suficiente sobre a súa importancia histórica, xa normalizada en círculos académicos, pero non se achegou este coñecemento á poboación”

A Vicepresidencia da Deputación...

leer más
Etiquetas:
06/10/2026

Este domingo, 11 de outubro, a Praza do Concello de Barreiros acollerá o Mercadiño no Outono, “unha xornada de encontro veciñal con preto de 40 postos de produtos de proximidade e máxima calidade” organizada polo Concello de Barreiros coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

A xornada comezará ás 11:00 horas coa apertura dos postos e a actuación do grupo de gaitas da Agrupación Folclórica O Arco da Vella. Ás 11:30 horas terá lugar o faladoiro Lambiscadas Científicas, con entrada libre, no que se abordarán as enfermidades transmitidas por carrachas en Galicia e as principais medidas de prevención.

Ás 12:00 horas, actuación musical en vivo de Lorena Doval & Manu Arroyo, que amenizarán o ambiente do mercadiño. Media hora despois, ás 12:30 horas, darán comezo as degustacións de elaboracións...

leer más