Igrexa

Etiquetas:
06/11/2018

A agrupación coral Del Coro al Caño, de Gijón, cantará na igrexa parroquial de Santa María de Valdeflores, de Lourenzá, na misa deste domingo, día 11, ás 12:45 horas.

Este coro está ofrecendo concertos de música sacra en varios concellos vinculados co Camiño de Santiago.

 

27/03/2018

O mércores, 28 de marzo, a partires das 18:00 horas, na parroquia de Santo Tomé, no Valadouro, escenificarase, como cada ano, o Vía Crucis vivinte.

Esta escenificación correrá a cargo de xente dos concellos de Alfoz e Valadouro. Trátase dunha actividade programada todos os anos na Semana Santa, que comezou a facerse hai algo máis de vinte anos, e que dende entón se reproduce cada ano de xeito ininterrompido.

Os actos teñen lugar na subida á igrexa, onde se atopan as cruces que configuran este vía crucis tradicional, nas que os participantes van facendo as paradas correspondentes, e rematando no alto onde se atopa a igrexa parroquial na que se venera hai xa moitos anos ao Santo Cristo.