Castro
Mariña Patrimonio organiza este xoves, día 17 de setembro, ás 17.30 horas, unha visita aberta ao castro de Rueta, en Cervo, para dar a coñecer os traballos arqueolóxicos que se están realizando esta semana no xacemento.
A intervención comezou o pasado luns e “permitiu xa poñer ao descuberto estruturas arqueolóxicas. Con todo, os traballos aínda se atopan nunha fase inicial e é demasiado pronto para determinar a natureza, función ou cronoloxía dos restos localizados”, explica Mariña Patrimonio, que engade: “durante a visita o equipo técnico de Tempos Arqueólogos, responsable da execución da sondaxe baixo a dirección do arqueólogo Fran Alonso Toucido, explicará ás persoas asistentes o traballo realizado, a metodoloxía empregada e as estruturas aparecidas ata o momento. Constitúe unha oportunidade excepcional para observar directamente a...
leer másO Concello de Xove presentará os resultados da escavación arqueolóxica no castro de San Tirso 2025, en dúas xornadas informativas, que inclúen unha visita guiada ao xacemento a cargo do arqueólogo director, David Fernández Abella. Serán os días 28 e 29 de novembro.
O programa de actividades é o seguinte: venres 28 de novembro ás 20:00 horas no Salón de Actos, presentación de resultados da campaña 2025 na área arqueolóxica de San Tirso a cargo do arqueólogo director, David Fernández Abella; e sábado 29 de novembro ás 11:00 horas desde o aparcadoiro da praia de Portocelo (antes do cruce do Portiño), andaina de 1,5 quilómetros ata o xacemento de San Tirso e posterior visita guiada polo arqueólogo director.
Os Sendeiros de Foz organizan unha ruta ao castro de Fazouro. Será o 28 de agosto. Hai que anotarse.
A Asociación Os Sendeiros de Foz organiza o último andareiro do verán deste ano, que terá lugar o 28 de agosto polo Castro de Fazouro.
A saída será ás 9:00 horas da Casa do Concello.
As persoas interesadas poden anotarse, ata o venres 27, nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es. Os prezos son: 3 euros para os socios non federados e 4€ para os socios temporais. A actividade é gratuíta para os socios federados.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta, dunha lonxitude de 15 quilómetros, ten un nivel de dificultade baixo. Ademais cumpriranse os protocolos anticovid con compartindo material e levando mascarilla sempre que non se teña o 1´5 metros de distancia de seguridade.
... leer másO Consello da Xunta aprobou hoxe o decreto polo cal se declara Ben de Interese Cultural o Castro de Fazouro (no Concello lugués de Foz), coa categoría de xacemento arqueolóxico.
Este castro, situado no lugar de Punta do Castro, en Foz, posúe un indubidable valor histórico e arqueolóxico de carácter sobranceiro que se sustenta en que é o único poboado costeiro escavado e musealizado na costa cantábrica galega e, neste senso, é un referente para o coñecemento e a difusión dos valores culturais da época castrexa. Aínda que nas súas proximidades existen outros castros similares, ben é certo que non co seu grao de coñecemento e posta en valor.
Por tanto, as escavacións que se realizaron permitiron obter moita información sobre os modos de vida dos seus habitantes nesa época. Cómpre salientar o seu forte grao de...
leer más






