Fundación

Etiquetas:
29/07/2023

A Fundación Expomar formará parte dunha rede nacional de turismo mariñeiro. Este foi un dos asuntos abordados na reunión do padroado, que preside por primeira vez unha muller: Carmela López.  

O padroado celebrou a primeira xuntanza ordinaria deste mandato, na que se procedeu á renovación dos cargos por parte d@s representantes do Concello de Burela.

A presidenta da Fundación Expomar e alcaldesa de Burela, Carmela López, contou que “celebramos a primeira xuntanza ordinaria do padroado da Fundación Expomar deste mandato. Entre outros puntos tomouse posesión e renováronse os cargos por parte das e dos representantes do Concello de Burela e desde hoxe a Fundación Expomar conta coa súa primeira presidenta”.

O concelleiro de Mar, Ramiro Fernández Rey, é o secretario. E incorpórase ao padroado...

leer más
Etiquetas:
30/12/2021

O padroado da Fundación Expomar mantivo un encontro nas últimas horas co obxectivo de aprobar o plan de actuación para 2022. As Xornadas Técnicas e o Encontro Empresarial terán lugar os días 19 e 20 de maio, segundo deu a coñecer o alcalde de Burela, Alfredo Llano.  A Fundación Expomar, que contará cun orzamento de 80.000 euros en 2022, tentará recuperar a celebración de Produart (feira de produtos artesanais e ecolóxicos). 

Llano contou que “onte tivemos unha reunión ordinaria do Padroado da Fundación Expomar para aprobar o plan de actuacións para o próximo ano. Para o 2022 non toca facer a feira exposición, pero si as xornadas técnicas e o encontro empresarial, que fixamos en principio para os días 19 e 20 de maio. O 19 serían as xornadas técnicas, que, segundo as necesidades e os temas que queiramos tratar, poderán ser pola mañá e pola...

leer más
Etiquetas:
09/02/2021

O alcalde de Burela e presidente da Fundación Expomar, Alfredo Llano, anunciou que en maio deste ano non se celebrará unha nova edición da Feira Náutico Pesqueira, debido á situación sanitaria que estamos a vivir. A Fundación mantén as Xornadas Técnicas e o Encontro Empresarial, que se desenvolverán de xeito telemático.

Alfredo Llano, tras a xuntanza que mantivo nas últimas horas a Fundación Expomar, explicou que “a nosa conclusión unánime é que no mes de maio é imposible facer nin a Feira Expomar nin calquera outro evento que requira gran movemento de material e de persoas que teñen que estar nun recinto. Polo tanto, en principio decidimos non convocar a ninguén para a Feira Expomar deste ano. Imos observar como vai a seguridade sanitaria, como vai evolucionando todo pero, evidentemente, se vemos que non hai seguridade e pode repercutir...

leer más
Etiquetas:
29/05/2020

As Xornadas Técnicas e o Encontro Empresarial, que organiza a Fundación Expomar, celebraranse finalmente o vindeiro mes de xuño a través de vídeo conferencia. Así o acaba de anuncia o seu presidente, Alfredo Llano, que tamén se referiu a Produart 2020, unha cita que case con total probabilidade non se poderá levar adiante este ano. 

O rexedor e presidente da Fundación Expomar explicou que “hoxe fixemos unha reunión do comité executivo de Expomar. Realmente hoxe, 28 de maio, deberiamos estar celebrando as Xornadas Técnicas, pero derivado de toda a problemática que xa coñecemos non se puideron levar adiante”.

Llano subliñou que “a Fundación Expomar ten o seu compromiso grande co sector náutico pesqueiro e queremos organizar algo durante este ano. Loxicamente como presencial vai ser algo moi difícil estamos vendo a...

leer más
Etiquetas:
03/03/2020

O comité executivo da Fundación Expomar celebrou unha xuntanza nas últimas horas para continuar coa organización das Xornadas Técnicas e o Encontro Empresarial que se celebrarán os días 28 e 29 de maio. Na cita deste 2020 abordaranse temas como a xestión pesqueira actual e futura ou o mercado de consumo e a comercialización. A Fundación Expomar continuará a traballar nas vindeiras semanas para pechar os poñentes deste ano.

O alcalde de Burela e presidente da Fundación Expomar, Alfredo Llano, contou que “a xuntanza que mantivemos onte foi coa finalidade de ir xa atando cabos para facer unha nova edición de Expomar, coas Xornadas Técnicas e o Encontro Empresarial que corresponde facer no mes de maio. Hai que ter en conta que a feira exposición se fai cada dous anos, polo tanto este ano non toca, pero si que imos ter as Xornadas Técnicas e o...

leer más
23/05/2016
A Fundación Ortegalia organiza dous cursos en xuño: "Da semente á cociña" e "Supervivencia no medio natural". Este último chega á súa sétima edición.
 
A Fundación Ortegalia organiza un curso titulado "Da semente á cociña" para o 11 de xuño. O horario é de 10:30 horas a 13:30 horas e o prezo de 3 euros. Trátase dunha visita guiada por Quique Fojón Caruncho a unha finca de horta natural en Couzadoiro.
 
No curso farase a presentación e identificación das instalacións e elementos que acompañan a unha finca agrícola. Ademais abordarase o proceso agrícola coa sementeira, o aboado, o transplante, o coidado das plantas e a recollida de hortalizas. As prazas son limitadas.
 
Por outra banda, esta fundación organiza a VII edición do Curso de Supervivencia no medio natural. Éste terá lugar os días 17, 18, 19, 20...
leer más