A Fundación Ortegalia organiza dous cursos en xuño: "Da semente á cociña" e "Supervivencia no medio natural". Este último chega á súa sétima edición.

A Fundación Ortegalia organiza dous cursos en xuño: "Da semente á cociña" e "Supervivencia no medio natural". Este último chega á súa sétima edición.
 
A Fundación Ortegalia organiza un curso titulado "Da semente á cociña" para o 11 de xuño. O horario é de 10:30 horas a 13:30 horas e o prezo de 3 euros. Trátase dunha visita guiada por Quique Fojón Caruncho a unha finca de horta natural en Couzadoiro.
 
No curso farase a presentación e identificación das instalacións e elementos que acompañan a unha finca agrícola. Ademais abordarase o proceso agrícola coa sementeira, o aboado, o transplante, o coidado das plantas e a recollida de hortalizas. As prazas son limitadas.
 
Por outra banda, esta fundación organiza a VII edición do Curso de Supervivencia no medio natural. Éste terá lugar os días 17, 18, 19, 20 e 21 de xuño e será impartido por Jaime Barrallo. As prazas son limitadas e a matrícula pode facerse en dous formatos: o de tres días, venres, sábado e domingo, cun prezo de 50 euros; e o de cinco días, venres, sábado, domingo, luns e martes, cun prezo de 70 euros. Máis información no teléfono 981 40 24 13 ou en museo@ortegalia.es e en www.ortegalia.es.
 
Na cita abordaranse cuestións coma elaboración de útiles, prácticas de afumado, cociña sen utensilios, curtido de peles, recoñecemento de plantas comestibles, lume con medios naturais e artificiais, construción de refuxios, simulacro de accidente e petición de axuda, etc…