Afganistán
A Subdelegación de Defensa en Lugo, en colaboración co Concello de Xove, presenta ata o día 27 de setembro unha “interesante exposición fotográfica que nos achega á realidade xeográfica, social e económica de Afganistán, así como á presenza militar española no país”, anuncia o Concello de Xove, que engade: “a mostra reúne 30 fotografías, paneis informativos, uniformes e diverso material que permiten coñecer as diferentes fases da misión das Forzas Armadas españolas, desde 2001 ata finais de 2014, no marco da ISAF (Forza Internacional de Asistencia para a Seguridade)”.
O Concello de Xove tamén explica que “as imaxes amosan o traballo desenvolvido en ámbitos como a asistencia sanitaria, a seguridade, a loxística, o control e a vixilancia, así como as relacións entre o pobo afgán e os nosos militares. Unha exposición que tamén nos invita a...
leer másO día 18 de setembro, xoves, ás 12:00 horas na Casa do Concello de Viveiro inaugúrase a exposición fotográfica titulada Misión: Afganistán, organizada pola Subdelegación de Defensa en colaboración co Concello. Estará aberta ao público ata o 28 de setembro.
“Un percorrido a través de 30 imaxes, paneis informativos, uniformes e material que amosan o traballo das Forzas Armadas españolas en Afganistán entre 2001 e 2014: asistencia sanitaria, seguridade, loxística, relación co pobo afgán; e, sobre todo, o compromiso coa paz e a seguridade”, anuncia o Concello de Viveiro.
A entrada é libre e poderá visitarse de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas.




