exposición
Xa se pode visitar na sala de exposicións da primeira planta da Casa da Cultura de Burela a mostra titulada Os Maragatos da Porta de San Pedro, organizada polo Colectivo Egeria e a Fundación Carmen Pérez-Carro. O horario de apertura é de 11.00 a 13.00 e de 18.00 a 20.00 horas.
A exposición foi inaugurada este mércores, 17 de xuño, nun acto no que participaron Carmela López, alcaldesa de Burela; Lina Gómez, concelleira de Cultura; e Xulio Xiz, presidente de Egeria.
Durante a presentación, a alcaldesa de Burela, Carmela López, destacou: “dende o Concello seguimos apostando por achegar á veciñanza propostas culturais diversas e de calidade, que permitan coñecer historias e tradicións que forman parte da nosa identidade".
Pola súa banda, a concelleira de Cultura, Lina Gómez, convidou...
leer másO Concello de Burela anuncia que a Casa da Cultura da localidade acollerá a exposición titulada Os Maragatos da Porta de San Pedro, organizada polo Colectivo Egeria e a Fundación Carmen Pérez-Carro. Despois de percorrer diversas cidades e vilas de toda Galicia, de León e de Salamanca, a mostra chegará a Burela ás 13:00 horas deste mércores, día 17 de xuño, e estará dispoñible ata o 1 de xullo.
“A exposición está composta por doce paneis en galego e castelán, e recolle un resumo da historia da familia Pérez-Carro, asentada en Lugo desde 1880, e o seu importante papel comercial e social na cidade no decurso destes 145 anos. Os contidos da exposición están recollidos no catálogo que se entregará gratuitamente aos visitantes”, explica o Concello de Burela, que engade: “a historia narrada na mostra comeza en 1880, cando a primeira...
leer másCervo acollerá do 4 de xuño ao 10 de xullo unha exposición sobre o humorista gráfico Antonio Mingote
O concello de Cervo acollerá do 4 de xuño ao 10 de xullo a exposición titulada Arte e humor. O enxeño de Antonio Mingote, da man de ABANCA e Afundación.
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, participou na sinatura do convenio na Casa do Concello, xunto ao coordinador institucional de ABANCA en Lugo, Carlos Teijeiro Pita, e á coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo, Beatriz Fernández-Anguiano, “para facer posible a chegada desta destacada mostra ao municipio”.
Grazas á colaboración entre o Concello de Cervo, ABANCA e Afundación, a veciñanza poderá desfrutar desta proposta cultural na Sala de Exposicións da Casa da Cultura de Cervo do 4 de xuño ao 10 de xullo. A inauguración oficial da exposición terá lugar o mércores 4 de xuño ás 11:00 horas na Casa da Cultura.
... leer másO Concello de Viveiro inaugura este martes, 19 de maio, a exposición Botamos un baile? Un século de orquestras de verbena en Galicia, unha mostra que poderá visitarse nos xardíns de Noriega Varela ata o próximo 9 de xuño e que achega ao público a historia e evolución das orquestras de verbena galegas ao longo do último século.
“A exposición, organizada pola Biblioteca de Galicia e comisariada por Zósimo López Pena e Henrique Neira Pereira, realiza un percorrido pola evolución das orquestras galegas desde as primeiras bandas de música e jazz bands das primeiras décadas do século XX ata os actuais espectáculos audiovisuais que continúan enchendo festas e verbenas por toda Galicia e tamén fóra dela”, anuncia o Concello de Viveiro, que engade: “a través de programas de festas, fotografías, carteis, discos de vinilo, casetes e outros...
leer másLa Biblioteca Municipal de Viveiro acogerá desde el 28 de marzo hasta el 5 de abril la exposición titulada De Jerusalén al Gólgota. Escenografía de la Pasión.
Es una muestra organizada por la Xunta de Cofradías de la Semana Santa de Viveiro, que explica que es una exposición “con autoría de Antonio Navarrete, como comisario de la misma, y Manuel Insua, artífice de la maquetación. Es la primera vez que se realiza en Viveiro, es una representación escenográfica de la Pasión (pasión, muerte y resurrección). Al igual que los Nacimientos, viene a ser una especie de catequesis, ambientada con escenas en miniatura lo más fieles al Jerusalén antiguo. Todo ello llevó tiempo de trabajo y documentación que sus dos autores lo realizaron con mucho entusiasmo para que la Xunta de Cofradías la programara en esta Semana Santa 2026. Se inaugura...
leer másA oficina de turismo de Ribadeo Ribadeo acolle unha exposición sobre Alfonso Daniel Rodríguez Castelao ata o día 29 de marzo, domingo, día no que o grupo teatral Os Quinquilláns representará Cousas no auditorio municipal Hernán Naval ás 19:00 horas.
A Agrupación Cultural Francisco Lanza anuncia que “segue a desenvolver a súa actividade ao longo do ano 2026. Desde este luns 16 de marzo e até o domingo 29 do mesmo mes, poderemos visitar a exposición Sempre en Galiza. 1944-2024, comisariada por Henrique Monteagudo e coordinada por Xesús Domínguez Dono. Esta exposición foi producida por Merlín Comunicación e a Editorial Galaxia, e conta co apoio, entre outras institucións, da Deputación de Lugo, organismo a través do cal logramos poder traela a Ribadeo. Ao longo destas dúas semanas de marzo poderemos visitala na Oficina de...
leer másA exposición fotográfica de Anxo Cao titulada Azores: oasis atlántico poderá visitarse no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos (Cervo), concretamente na Sala Xosé Vizoso, ata o día 8 de marzo, domingo.
O Concello de Cervo anuncia: “como sabemos que está gustando moito e para aqueles/as que aínda non a puidestes visitar anunciamos que a exposición amplíase un mes máis e poderá visitarse ata o 8 de marzo, no mesmo horario. Mergúllate na biodiversidade do Océano Atlántico a través dunha espectacular colección de fotografías subacuáticas. Un percorrido único pola fauna atlántica: aves mariñas, grandes cetáceos, quenllas, tartarugas e especies rarísimas captadas co máximo respecto polo medio mariño”.
Este sábado, día 22 de novembro, terá lugar na Pontenova o evento titulado A historia nos recunchos. Será ás 17:00 horas no local parroquial (antiga escola) Sagrado Corazón.
O Concello da Pontenova anuncia que será “unha tarde chea de memoria, poesía e música para redescubrir o pasado a través dos vestidos antigos, fotografías e versos”.
Haberá un recital poético musical con Suso Vilar Becerra, Alberto Torres Roca, Miguel Piñeiro Moure, Manuel López Torrente, Nerea Botana Díaz, Ángela Gómez de Ávila, Valeria Rego Pol, Ainara Samblás Fiallega e Erea González Gallo. Será presentado por Rocío Pérez Oliva.
Ao remate compartirase unha merenda doada polo Concello da Pontenova.
O día 18 de setembro, xoves, ás 12:00 horas na Casa do Concello de Viveiro inaugúrase a exposición fotográfica titulada Misión: Afganistán, organizada pola Subdelegación de Defensa en colaboración co Concello. Estará aberta ao público ata o 28 de setembro.
“Un percorrido a través de 30 imaxes, paneis informativos, uniformes e material que amosan o traballo das Forzas Armadas españolas en Afganistán entre 2001 e 2014: asistencia sanitaria, seguridade, loxística, relación co pobo afgán; e, sobre todo, o compromiso coa paz e a seguridade”, anuncia o Concello de Viveiro.
A entrada é libre e poderá visitarse de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas.
El artista madrileño Luís Miguel Gallego Blázquez expone una serie de sus pinturas en Ribadeo desde este martes, día 12 de agosto, hasta el 22 de este mes.
El Ayuntamiento de Ribadeo anuncia que la muestra estará en la Casa do Viejo Pancho y podrá visitarse de 19:00 a 21:00 horas.












