Castelao
A oficina de turismo de Ribadeo Ribadeo acolle unha exposición sobre Alfonso Daniel Rodríguez Castelao ata o día 29 de marzo, domingo, día no que o grupo teatral Os Quinquilláns representará Cousas no auditorio municipal Hernán Naval ás 19:00 horas.
A Agrupación Cultural Francisco Lanza anuncia que “segue a desenvolver a súa actividade ao longo do ano 2026. Desde este luns 16 de marzo e até o domingo 29 do mesmo mes, poderemos visitar a exposición Sempre en Galiza. 1944-2024, comisariada por Henrique Monteagudo e coordinada por Xesús Domínguez Dono. Esta exposición foi producida por Merlín Comunicación e a Editorial Galaxia, e conta co apoio, entre outras institucións, da Deputación de Lugo, organismo a través do cal logramos poder traela a Ribadeo. Ao longo destas dúas semanas de marzo poderemos visitala na Oficina de...
leer másOs colexios vellos de San Miguel de Reinante (Barreiros) acollerán do 17 ao 31 de outubro unha exposición que recolle a actividade política e literaria de Castelao desde o ano 1934, cando firma os seus primeiros artigos no desterro estremeño, ata 1944, ano da publicación da primeira edición de Sempre en Galiza e da fundación do Consello de Galiza, goberno galego no exilio do que precisamente Castelao foi o primeiro presidente, anuncia o Concello de Barreiros.
A iniciativa forma parte do programa conmemorativo 75 cabodano de Castelao (1950-2025), do Museo Provincial de Lugo, e conta coa colaboración da Vicepresidenta da Deputación de Lugo e do Concello de Barreiros.
A mostra poderá visitarse os luns, martes e mércores de 10:30 a 11:30 horas e os xoves de 12:00 a 13:00 horas.
... leer másO Teatro das Cortes, que está no lugar de Xestoso, en Cabanas (O Vicedo) organiza unha xornada dedicada a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao para este sábado, día 20 de setembro, a partir das 18:00 horas. A entrada é de balde.
Ás 18:00 horas terá lugar a presentación e visita á exposición Sempre en Galiza 1944-2024, a cargo dos Quinquilláns. Despois haberá unha proxección audiovisual sobre Castelao. Para as 19:00 horas está programada unha representación de Cousas, de Castelao, a cargo de Os Quinquilláns Teatro. E ás 20:30 horas rematará a xornada cun concerto do grupo Barahúnda.
Desde hoxe e ata o 13 de xuño a exposición Castelao e os irmáns da liberdade pasará polos centros de ensino de Ribadeo.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, explica que “hoxe e mañá a mostra estará no CIFP Porta da Auga, os días 29 e 30 de maio pasará polo IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, xa en xuño os días 2 e 3 estará no Colexio Sagrado Corazón, o 4 e 5 no Ceip Gregorio Sanz e do 6 ao 13 estará instalada na Oficina de Turismo”.
A edil ribadense sinala que “a exposición está composta por 14 paneis de 85 x 200 cms, que desenvolven cronoloxicamente a vida e a actuación política e artística de Castelao. As fotografías son de José Luis Abalo”.
Esta obra multimedia de Xan Leira tamén inclúe proxeccións de documentais e coloquios. “O 15 de xuño ás 20 horas no Salón dos Alcaldes terá...
leer másBarreiros acollerá este sábado, 26 de abril, o concerto titulado Percorrendo Castelao a cargo do grupo de cámara Lucus Ensemble. Terá lugar no centro sociocultural de San Cosme ás 19:00 horas con entrada libre ata completar aforo.
O Concello de Barreiros anuncia que se trata dun espectáculo “no que a música e a memoria camiñan da man para facer un percorrido pola vida e obra de Castelao, figura clave da historia galega. A formación lucense interpretará distintas pezas musicais que irán acompañadas de proxeccións audiovisuais con imaxes relacionadas evocando os primeiros traballos de Castelao e algúns dos fitos máis importantes da súa biografía, tanto no eido creativo como no político. O grupo Lucus Ensemble xa actuara en Barreiros no ano 2022 deixando moi boas lembranzas entre o público pola súa calidade musical e interpretativa...
leer másCoincidindo co Día Mundial das Persoas Migrantes -18 de decembro-, a
Rede Museística Provincial de Lugo organiza unha xornada con diversas
actividades orientadas á reflexión, o intercambio cultural e a creación
de espazos de encontro, que se desenvolverán no Museo Provincial de Lugo
e na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos e que dan continuidade ao
programa “Culturas en diálogo” no que os museos provinciais traballan
desde hai máis dunha década fortalecendo lazos coas comunidades
migrantes nas comarcas de Lugo e no resto do país.
Haberá actividades o 18 de decembro entre as 12 da mañá e as 18:30 horas.
Ademais de celebrar a diversidade cultural e sensibilizar arredor desta
temática, a xornada marcará o punto de inicio do proxecto de creación do
Museo da Migración da Rede Museística Provincial de Lugo, un espazo...
O Concello de Barreiros anuncia que o domingo 15 de decembro ás 19:00 horas “chega ao centro sociocultural de San Cosme una obra de luxo, Castelao”. Con entrada de balde ata completar aforo.
“Castelao é unha figura capital da historia das artes en Galicia e con esta proposta escénica coñeceremos un Castelao de oito anos, feliz, alegre e aventureiro, que pasa en Rianxo as súas últimas horas antes de embarcar cara a Arxentina coa súa nai. Esta obra, que está dirixida a un público familiar, conta cun gran equipo: texto de Paula Carballeira, dirección de Fina Calleja e con Mónica Camaño e Cris Collazo en escena”, destaca o Concello de Barreiros.
O Concello de Ribadeo, ABANCA e Afundación (a Obra Social de ABANCA) inauguraron este mércores, día 27 de novembro, a mostra «Castelao grafista (facsímile)». Permanecerá aberta ata o 28 de decembro na Sala de Exposicións da Oficina de Turismo de Ribadeo, de martes a sábado en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas.
Afundación explica que “ao acto asistiron o alcalde de Ribadeo, Daniel Vega; a concelleira de Benestar Social, Saúde e Familia, Elena Sierra; a concelleira de Recursos Humanos, Seguridade e Atención Cidadá, Montse Seijo; o coordinador institucional de ABANCA en Lugo, Óscar Rodríguez; o director da oficina de ABANCA en Ribadeo, Ángel Luis Macía; e a coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo, Beatriz Fernández-Anguiano”.
Tamén indica que “esta mostra está incluída en «...
leer másA asociación cultural A Pomba do Arco organiza o vindeiro 27 de outubro ás 20:30 na casa da cultura “Poeta Manuel María” de Foz a presentación do libro de Suso Piñeiro “Castelao. Plástica e pensamento”
O traballo de Piñeiro representa un percorrido pola obra artística do primeiro Castelao, concretamente entre 1903-1916, un período de aprendizaxe e lanzamento público do ilustre artista, escritor e político de Rianxo.












