Antigas
O Concello de Foz vén de poñer en marcha unha nova aplicación no CENIMA (Centro de Interpretación da Mariña), que se une ás xa existentes, como a de realidade aumentada patrimonial ou de recreación histórica. Denomínase O paso do tempo con intelixencia artificial, unha pantalla na que se poden visualizar as fotos que estiveron expostas no CENIMA antes da creación da Oficina Virtual de Turismo e onde se reviven momentos do pasado a través de escenas cotiás e os ambientes de Foz en décadas pasadas, anuncia o concelleiro de Turismo Chema Linares.
O edil explica que “esta aplicación foi realizada por Ilux Virtual Tegnology, a mesma empresa que fixo o proxecto de A Mariña Virtual e que se encarga do mantemento e asistencia técnica en todas as aplicacións. Tratamos así de recuperar, conservar e preservar o noso patrimonio inmaterial, onde...
leer másO Programa de Emprego para as Persoas Mozas Vencellos da Memoria, que se está a desenvolver nos concellos de Ribadeo e Barreiros -unha operación cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Social Europeo (FSE)- inaugurou este venres a exposición Viaxe no Tempo na praza do Concello de Barreiros. Colabora a Vicepresidencia da Deputación de Lugo a través da Rede Museística Provincial de Lugo.
Viaxe no Tempo foi deseñado, creado e organizado pola especialidade de Produción Fotográfica do Programa de Emprego para as Persoas Mozas Vencellos da Memoria que está composta por: Joaquín Dorado, Lucía Expósito, Cristina García, Sara García, Cristian Prado, Araceli Rasilla, Noemí Rubio e Mónica Santos.
A inauguración contou coa presenza da xerente da Rede Museística Provincial de Lugo (Vicepresidencia da Deputación de...
leer másDesde o Programa de Emprego para as persoas mozas Vencellos da Memoria, de Ribadeo, levan a cabo un traballo de dixitalización do Concello ribadense para o que piden a axuda da cidadanía.
Este proxecto, levado a cabo en colaboración coa Rede Museística Provincial de Lugo, pretende a recuperación da historia da zona a través da fotografía. Por iso, pídese a axuda dos veciños e veciñas para crear un arquivo dixital onde se vexa a evolución do concello.
As instantáneas recibidas someteranse a un proceso de restauración e coloreado para a súa posterior exposición en Ribadeo e nas súas parroquias.
As persoas interesadas poden enviar as súas fotografías ao correo electrónico obradoiroproducion@gmail.com e ao facebook e instagram Vencellos da...
leer másO Concello de O Vicedo convida aos seus veciños a contribuír coas súas aportacións ao museo fotográfico online no que está a traballar nos últimos anos.
Dende o Concello manifestan que nestes momentos de confinamento pode darse unha boa oportunidade para buscar na casa álbums vellos e fotos antigas para subilas á web http.//www.phottic.com/gl/memorias-do-vicedo. Esta web leva uns anos funcionando e mostra o pasado deste concello a través dos oficios, as festas, as paisaxes, etc… A idea é crear un museo fotográfico online polo que anima a tod@s a subir as súas fotografías que poden ser escaneadas ou unha fotografía feita co móbil á instantánea antiga para despois subila. As fotografías tamén poden mandarse por mail a omix@concellodovicedo....
leer más