O Concello de O Vicedo pide á veciñanza que envíe fotografías antigas para o seu Museo Fotográfico Online.

O Concello de O Vicedo convida aos seus veciños a contribuír coas súas aportacións ao museo fotográfico online no que está a traballar nos últimos anos.

Dende o Concello manifestan que nestes momentos de confinamento pode darse unha boa oportunidade para buscar na casa álbums vellos e fotos antigas para subilas á web http.//www.phottic.com/gl/memorias-do-vicedo. Esta web leva uns anos funcionando e mostra o pasado deste concello a través dos oficios, as festas, as paisaxes, etc… A idea é crear un museo fotográfico online polo que anima a tod@s a subir as súas fotografías que poden ser escaneadas ou unha fotografía feita co móbil á instantánea antiga para despois subila. As fotografías tamén poden mandarse por mail a omix@concellodovicedo.org.