Clásica

Etiquetas:
10/10/2021

O Concello de Cervo, a través da delegación de Cultura, presenta o programa “A Caixa de música”, un ciclo de concertos de música clásica e de bandas que terán lugar en diferentes puntos do Concello nos vindeiros meses.

Este programa terá a súa apertura este martes na Praza do Souto co concerto da Banda Municipal de Música O Landro de Viveiro ás 13:00H. 

A Caixa de música pretende ser un programa dirixido a toda a familia polo que os concertos serán en fins de semana ou festivos á hora do mediodía.

Segundo a Concelleira de Cultura Dolores García Caramés “é un xeito de complementar o diverso abano de oferta musical que durante todo o ano levamos a cabo no noso Concello e deste xeito tamén achegamos á nosa veciñanza estilos de música para todos os gustos”.

Engade...

leer más
Etiquetas:
21/07/2021

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou en Foz na presentación da programación da VIII edición do Festival Bal y Gay, co que a institución provincial colabora cunha achega económica de 12.000€. Un acto ao que asistiron a Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, o Deputado de Promoción Económica e Social, PabloRivera Capón,  o presidente da Fundación Xesús Bal y Gay, Enríquez Rodríguez Baixeras, a directora do festival, Alba Rodríguez, o secretarioxeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o Alcalde de Foz e presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Francisco Cajoto.

“Polas súas características e pola súa itinerancia por distintos concellos, este festival ten capacidade para atraer un turismo cultural que está plenamente integrado no modelo que impulsamos dende a Deputación...

leer más
Etiquetas:
06/03/2020

O Teatro acollerá o domingo, 8 de marzo, o concerto do trío Metamorphoses, que se enmarca no proxecto Xacobeo Musical polos Camiños de Santiago. 

A concelleira de Cultura, Pilar Otero, explica que “o concerto do trío Metamorphoses, formado por Jean Johnson ao clarinete, Roeland Jagers á viola e Ilona Timchenko ao piano, actúa este domingo no Teatro de Ribadeo ás 20.00 horas e faino dentro do proxecto Xacobeo Musical polos Camiños de Santiago. Trátase dun ciclo  promovido pola Asociación Peregrinos Musicais, en colaboración con Concellos como Nigrán, Sanxenxo ou Ribadeo e que conta tamén co patrocinio do Xacobeo 2021”.

A edil ribadense sinala que “o programa contén obras de Robert e Clara Shumann e de Max Bruch.  A pesar de que o fundamento para este trío é a figura de Mozart, a formación é  tamén unha grande...

leer más
Etiquetas:
02/08/2019

O Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, xunto ao Alcalde de Foz, Francisco CajotoCaserío, presentaron este venres, na Oficia de Turismo do Concello de Foz, o VI Festival Bal y Gay que se celebrará neste Concello mariñán dende o 24 ata o 29 de agosto. No acto de presentacióntamén participou o director do festival, Enrique Rodríguez Baixera. A Deputación colabora con este evento cultural, realizando unha achega económica de 6.000 euros. 

García Pernas sinalou que “esta cita, que xa vai pola sexta edición, une a música clásica co mundo do rural, favorecendo que os nosos veciños e veciñas poidan achegarse a este xénero musical.Ao longo de seis días, o Concello de Foz converterase nun escenario de referencia da música clásica, pois poderemos escoitar en concertoa intérpretes de primeiro nivel. como Noelia Rodiles, o...

leer más
Etiquetas:
25/09/2017

O grupo Camerata Nuestro Tiempo, formado por 11 músicos excepcionais da Orquestra Sinfónica de Galicia, traerá a Burela este venres, 29 de setembro a Vivaldi e a Piazzolla.

O concerto As 8 estacións renderá homenaxe a Antonio Vivaldi e a Astor Piazzolla no Auditorio Municipal. As entradas anticipadas están á venda por 8 euros na biblioteca. E o mesmo día do concerto poderán adquirirse na billeteira por 10 euros. 

Desde a Concellería de Cultura animan a asistir a este espectáculo musical, que dará comezo ás 21 horas. 

 

Etiquetas:
18/07/2016
Vilanova de Lourenzá acolle dúas actuacións musicais a vindeira ponte festiva de xullo. Enmárcanse dentro das actividades da Concellería de Cultura para este verán.
 
A Concellería de Cultura de Lourenzá organiza para a vindeira ponte festiva dúas actuacións musicais coa Banda Migallas e Zenith Cello Dúo. Estes concertos terán lugar o sábado 23 de xullo e o luns 25.
 
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, anunciou hoxe que “seguindo coa programación cultural que temos para o verán desde a Consellería de Cultura de Lourenzá temos unhas actividades previstas para os próximos días”.
 
Manuel Arango detalla que “o sábado 23 de xullo ás 21:00 horas na Praza do Conde Santo temos á Banda Migallas co espectáculo Zaragallada. É unha actuación musical pensada para o público de todas as idades para que pasen unha tarde noite...
leer más