Micolóxicas

07/10/2021

Nordés Asociación de Desenvolvemento das Terras da Faladoira organiza a octava edición das xornadas micolóxicas que se celebrarán o domingo 17 de outubro.

A xornada dará comezo ás 8:00 horas cunha saída ao monte que estará dirixida polo micólogo Xosé Luis Cuba.

As persoas interesadas deberán anotarse no teléfono 653 75 64 54, ata o xoves 14 de outubro. O custe é de 10 euros para os non asociados e de balde para os pertencentes á asociación. As prazas son limitadas.

O punto de encontro será o aparcadoiro do cruce das Grañas do Sor coa estrada AC 101 (Ortigueira-As Pontes). 

A organización sinala que é preciso levar cesto, navalla, roupa e calzado axeitado, bebida e bocadillo.