Os Bolouros, de Foz, celebran as súas 43 Xornadas Micolóxicas ata o 30 de novembro

A asociación Os Bolouros, de Foz, celebra a 43ª edición das súas xornadas micolóxicas, que nesta ocasión están dedicadas á lembranza de Suso do Bahía. Desenvólvense as actividades ata o 30 de novembro.

Os xoves 9, 16, 23 e 30 de novembro hai os xoves de funxitapas nos establecementos hostaleiros Barrilete-Racimo e Casa Damián, onde coas consumicións serven petiscos de cogomelos a partir das 20:30 horas.

Para o domingo 12 de novembro está programado un percorrido pola Fraga das Lerias, no Valadouro, para recoller e identificar cogomelos. A saída será desde diante da Casa do Concello de Foz ás 09:30 horas. Os participantes que queiran poderán asistir a un xantar, para o que hai que inscribirse antes do día 11. 

O domingo 19 de novembro haberá unha andaina pola Ruta de Cabreiros, na contorna do río Trimaz, no concello de Xermade, para recoller e identificar cogomelos. A saída será desde diante da Casa do Concello de Foz ás 09:00 horas. Os participantes que queiran poderán asistir a un xantar, para o que hai que inscribirse antes do día 18.

O 23 de novembro, xoves, o presidente de Os Bolouros, Xesús Blanco, dará unha charla sobre especies de setas comercializables. Será ás 20:30 horas na Librería Bahía, de Foz.

E o 25 de novembro ás 14:30 horas haberá un xantar micolóxico, para o que hai que anotarse antes do día 24.

Para máis información e reservas das actividades os interesados poden contactar cos teléfonos 982.140.302 e 625.172.409 ou a través do correco electrónico bolouros@concellodefoz.es