Proxectos

Etiquetas:
27/12/2018

Acisa Ribadeo realizou máis de 35 actividades de dinamización comercial e hostaleira durante 2018, ademais de colaborar en 15 eventos culturais, deportivos e turísticos, entre outros. Tamén repartiu máis de 8.500 euros en vales de compra. Acisa fai un balance positivo do ano que remata e no que conta con máis de 160 asociados, aumentando deste xeito a cifra de 2017 en 15 socios máis nas mesmas datas.

O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, lembrou que “se levaron a cabo dúas importantes campañas publicitarias que tiñan como obxectivo dar a coñecer Ribadeo e o seu atractivo comercial, hostaleiro e turístico. Ademais tamén se realizaron campañas de dinamización comercial e hostaleira coa festa do comercio, San Valentín, os días do Pai e da Nai ou a campaña de fidelidade. Estamos moi satisfeitos coas novas actividades que se levaron a cabo...

leer más