Acisa
Acisa Ribadeo e Kids&Us organizan para o día 31 de outubro, sábado, unha nova edición da actividade infantil denominada Trick or Treat, que se desenvolverá por diferentes establecementos asociados ao colectivo empresarial.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, comentou que “con motivo da celebración do Día do Comercio Local, o 25 de outubro, Acisa quere poñer en valor a importancia do pequeno comercio como motor económico e social da nosa vila. É un bo día para lembrar que o comercio de proximidade xera emprego, paga impostos durante todo o ano, dinamiza as rúas e crea comunidade. Por iso, para celebrar esta data, desde ACISA organizamos, xunto con Kids&Us, un obradoiro infantil de Halloween, co obxectivo de ensinarlles aos máis pequenos a importancia de mercar no comercio local dun xeito lúdico e participativo. Esta iniciativa...
leer másAcisa Ribadeo e a empresa Gestión Gratelu renovaron o seu convenio de colaboración.
A presidenta do colectivo empresarial ribadense, Carmen Cruzado Iglesias, tivo palabras de agradecemento: “desde Acisa queremos agradecerlle a Pablo Posada e a Gestión Gratelu o seu apoio económico, xa que estarán presentes como entidade colaboradora en 2027 na Festa do Comercio, na Gala de Acisa e no sorteo do Ribadeo Indiano. A sinatura deste terceiro convenio con Gestión Gratelu é para nós moi importante. Seguiremos traballando, como vimos facendo ata o de agora, para conseguir que a empresa privada nos brinde a súa colaboración nos grandes eventos organizados pola Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo”.
Pablo Posada declarou que “a sinatura deste terceiro convenio con Acisa Ribadeo confirma o...
leer másDel 23 al 25 de octubre tendrán lugar las novenas jornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo. Están organizadas por Acisa y participarán 19 establecimientos hosteleros.
La presidenta del colectivo empresarial ribadense, Carmen Cruzado, señala: “desde Acisa decidimos apostar un año más por las jornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo, que se van celebrar del 23 al 25 de octubre, como actividad dinamizadora de nuestra hostelería. Con esta iniciativa queremos rendir homenaje a nuestras vecinas y vecinos asturianos, que muchos fines de semana del año se acercan a Ribadeo a tomar los vinos y los vermús, a comer, a cenar, a pasear o a comprar en el comercio local. La presencia de quienes se desplazan desde Asturias es muy importante para nosotros y por eso decidimos seguir organizando estas jornadas, que llegan a su novena edición. La cita es...
leer másAcisa Ribadeo editou unha publicación especial conmemorativa do Premio Nacional de Comercio Interior, recibido pola entidade o pasado mes de abril, e coincidindo coa celebración da súa XII Cea Gala Anual, que terá lugar o vindeiro domingo, 18 de outubro, no Parador de Turismo.
A presidenta de Acisa Ribadeo, Carmen Cruzado, explicou: “presentamos unha publicación moi especial para nós, na que levamos traballando moitos meses e que editamos con motivo da obtención do Premio Nacional de Comercio Interior, un recoñecemento que recibimos o pasado mes de abril e que supón un enorme orgullo para a nosa asociación. Trátase dunha publicación de 16 páxinas en cor, da que se repartirán 5.000 exemplares a través das nosas empresas asociadas, co obxectivo de que chegue ao maior número posible de persoas”.
O xerente de Acisa,...
leer másCarmen Cruzado y Jesús Pérez, presidenta y gerente de ACISA Ribadeo, respectivamente, acudieron a Madrid para representar a la asociación en uno de los actos institucionales más relevantes del año. Durante la recepción, el gerente tuvo ocasión de trasladar a Su Majestad el Rey una invitación para visitar Ribadeo.
La Asociación de Comerciantes, Industriales, Servicios y Autónomos (ACISA) Ribadeo estuvo presente en la recepción ofrecida por Sus Majestades los Reyes en el Palacio Real con motivo de la celebración del Día de la Fiesta Nacional, el 12 de octubre.
La presidenta de ACISA Ribadeo, Carmen Cruzado, y el gerente de la asociación, Jesús Pérez Prada, se desplazaron a Madrid para representar a la entidad en este importante encuentro institucional, al que fueron invitados en representación de la sociedad civil y...
leer másAcisa Ribadeo foi convidada á recepción que os Reis ofrecerán o vindeiro luns, 12 de outubro, con motivo da celebración da Festa Nacional.
A presidenta e o xerente do colectivo empresarial ribadense recibiron o convite da Xefatura da Casa Real para asistir a este importante acto institucional, a recepción oficial que as súas maxestades os Reis de España ofrecerán no Palacio Real, de Madrid, o Día da Festa Nacional.
A presidenta do colectivo empresarial ribadense, Carmen Cruzado, explicou que “hai uns días que recibimos con satisfacción, orgullo e sorpresa o convite da Casa Real para asistir a este acto. Para nós é unha verdadeira honra poder levar o nome da nosa asociación e de Ribadeo ata unha cita tan importante coma esta, un evento que reúne a autoridades políticas, sociais e culturais de todo o país. Alí...
leer másAcisa Ribadeo pon a disposición dos seus asociados e asociadas novos materiais gratuítos para hostalería. Trátase de 15.000 bolsas de comida para levar.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, subliñou que “o investimento realizado nestas 15.000 bolsas de comida para levar é superior aos 6.000 euros, que podemos realizar con fondos propios e coa colaboración do Concello de Ribadeo con cargo ao convenio anual entre ambas institucións. Desde Acisa facemos un esforzo moi importante para dotar aos nosos asociados e asociadas deste material de xeito totalmente gratuíto, porque creemos e temos acreditada a súa gran utilidade e por iso priorizamos estas accións na nosa programación. Entendemos que estamos diante dunha grande vantaxe para que os novos negocios que deciden instalarse en Ribadeo valoren o feito de asociarse a Acisa”.
... leer másA empresa produtora de setas Shiifos integrouse recentemente na Asociación de Comerciantes, Industriais e Servizos (ACISA) de Ribadeo para “apoiar o comercio local e poñer en valor os produtos de proximidade e calidade”, explica o xerente da firma, Jesús López Penabad, quen lembra que Shiifos “naceu como consecuencia dunha carta enviada polo anterior alcalde, Fernando Suárez, na que dicía que ao redor das vivendas tiña que haber unha franxa de protección e que había que cortar os eucaliptos, pero foi unha confusión porque realmente no meu monte non había desas árbores senón unha masa de frondosas, que foi plantada por meu pai hai case 40 anos”. A finca, que está en Remourelle, chámase Cerrado do Muín, porque estaba pechada con pedra e ten un muíño.
Jesús López Penabad tamén comenta: “naquel momento decidín facer un clareo na masa de...
leer másACISA Ribadeo tiene en marcha del 5 al 11 de octubre la campaña Comercio Compensa, una nueva acción de dinamización con la que se busca incentivar el consumo en los establecimientos asociados y fomentar hábitos más sostenibles. Las compras y consumiciones superiores a 10 euros realizadas en los establecimientos asociados del 5 al 11 de octubre podrán canjearse por bolsas de tela el próximo domingo día 11.
Tal y como explica la presidenta de ACISA Ribadeo, Carmen Cruzado, “durante esos días todas las personas que realicen compras o consumiciones superiores a 10 euros en nuestros establecimientos asociados deberán guardar sus tickets. Con esta campaña queremos seguir premiando a quienes confían y compran en el comercio, la hostelería y los servicios de Ribadeo”.
El gerente de ACISA, Jesús Pérez, indica que “el...
leer másA Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo pon a disposición dos seus asociados de hostalería novos materiais gratuítos. Trátase de 15.000 envases de comida para levar, destinados a “facilitar o día a día dos establecementos e contribuír á redución dos desperdicios alimentarios”.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, explicou: “poñemos un ano máis novos materiais gratuítos a disposición dos nosos socios e socias. Nesta ocasión trátase de 15.000 envases de comida para levar. Desde Acisa quixemos repetir este esforzo especial para poder axudarlle á hostalería, pensando en aforrarlle custos no seu día a día durante practicamente todo o ano. Por este motivo poñemos á súa disposición estes novos envases de xeito gratuíto, xa que son materiais moi empregados e demandados durante todo o ano”.
... leer más












