Reis de España

10/10/2026

Acisa Ribadeo foi convidada á recepción que os Reis ofrecerán o vindeiro luns, 12 de outubro, con motivo da celebración da Festa Nacional.

A presidenta e o xerente do colectivo empresarial ribadense recibiron o convite da Xefatura da Casa Real para asistir a este importante acto institucional, a recepción oficial que as súas maxestades os Reis de España ofrecerán no Palacio Real, de Madrid, o Día da Festa Nacional.

A presidenta do colectivo empresarial ribadense, Carmen Cruzado, explicou que “hai uns días que recibimos con satisfacción, orgullo e sorpresa o convite da Casa Real para asistir a este acto. Para nós é unha verdadeira honra poder levar o nome da nosa asociación e de Ribadeo ata unha cita tan importante coma esta, un evento que reúne a autoridades políticas, sociais e culturais de todo o país. Alí...

leer más
10/06/2025

O Concello de Burela anuncia que o vindeiro martes, día 17 de xuño, as súas maxestades os Reis de España, Felipe e Letizia, visitarán Burela “nun acto vencellado á pesca, ao que o mar nos dá, ao que somos. Trátase dunha visita de especial simbolismo para a nosa vila, estreitamente ligada ao mar, á súa cultura, economía e identidade”.

“A presenza da Casa Real supón un recoñecemento a Burela como un dos centros pesqueiros máis importantes do país, cun porto que leva décadas apostando pola calidade, a modernización e a competitividade, e cunha lonxa que se ten consolidado como referente no sector. Burela medrou grazas ao sector do mar. Máis de cen anos de historia, traballo e sacrificio dan sentido a unha identidade que nos une. Porque Burela é mar. Sempre foi. Sempre será. O martes 17 será un día importante para Burela. Un día para dicir con...

leer más