Musicoterapia

Etiquetas:
06/10/2017

A Escola Municipal de Música de Xove xa comezou a súa actividade neste curso no que conta cun total de 47 alumnos, sete máis que o ano pasado.

Dentro das novidades para este ano está a creación dunha Aula de Adultos e Musicoterapia. Trátase de “música para manterse xove”, a música como prevención, a música para exercitar a memoria, potenciar as habilidades motrices, etc… O prazo de inscrición para participar nesta aula remata o día 31 deste mes de outubro, e a inscrición é gratuíta.

Outra das novidades que presenta este ano a Escola Municipal de Música de Xove é a incorporación de clases de jazz co fin de formar posteriormente un grupo de jazz.