Aula
No día de hoxe tivo lugar a presentación da Aula Mentor de Barreiros.Un proxecto acadado mediante o convenio que o Concello de Barreiros subscribiu co Ministerio de Educación e Formación Profesional para o desenvolvemento de formación aberta, denominado “Aula Mentor”.
No acto estiveron presentes a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, e os concelleiros Carmen Veiga e Antonio Veiga. Tamén contouse coa presencia de Manuel Pérez, empregado municipal, que actuará como responsable do proxecto da Aula Mentor en Barreiros.
Aula Mentor é un programa educativo flexible a través de internet co obxectivo de promover ofertas de aprendizaxe que permitan a adquisición de unidades competencia, e no seu caso, as correspondentes cualificacións profesionais para favorecer o acceso o...
leer másO vindeiro 21 de abril a Aula CeMIT do Concello de Ribadeo acollerá unha charla sobre os datos abertos da administración. Para asistir é preciso inscribirse.
Desde a Aula CeMIT comentan que “con frecuencia escoitamos falar da transparencia da administración, os datos abertos e a participación cidadá. Falarase sobre qué implica este concepto, qué datos se recollen, cémo podemos consultalos e cómo podemos participar”.
Deste xeito seguirá a serie de seminarios que se impartirán nos próximos meses na Aula CeMIT.
A charla sobre os datos abertos da administración será o 21 de Abril de 10:30 a 11:30 horas. O prazo de inscrición comeza hoxe, 11 de abril, en horario de 09:00 a 14:00 horas nos teléfonos 982 12 98 89 ou 982 12 07 32 e tamén a través do correo electrónico...
leer másO Concello de Cervo inaugurou o pasado domingo, coincidindo co Día Mundial da Saúde Mental, a exposición “Aula do mar” na sala de exposicións da Casa da Cultura de San Ciprián.
A Concelleira de Servizos Sociais, Pilar Armada, participou no acto de apertura desta exposición no que tamén tomaron parte Jorge Manchado, Presidente da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental “A Mariña e María José Nóvoa, Directora Técnica Xeral da entidade. No acto ademais interviron Brais González, Xerente de Expomar; María Jesús Alonso, Presidenta das Redeiras Cabo Burela e José Basilio Otero, Presidente da Federación Provincial de Cofrarías de Pescadores de Lugo.
Esta exposición é o froito do traballo levado a cabo na “primeira aula do mar inclusiva de Galicia” na que os usuarios da Asociación de axuda ó enfermo mental “A Mariña” e dos...
leer másBarreiros presenta a plataforma virtual AEscola, que será a ferramenta de divulgación cultural máis ambiciosa do concello e que servirá de carteleira de actividades, aula virtual interactiva e contará con espazos para os eventos das distintas asociacións culturais e centros educativos do concello.
"Este soporte facilitará que os seus contidos se poidan modificar e actualizar de forma constante, o que a converte nunha ferramenta actual e perdurable no tempo, así como traballar de forma coordinada desde as distintas áreas" sinala o concelleiro de dinamización, Daniel García.
A plataforma poñerase en marcha o luns 17 de maio cunha serie de actividades virtuais relacionadas coa conmemoración das Letras Galegas, as cales contarán con distintos niveis de dificultade.
Trátase dun espazo virtual...
leer másEl Aula Universitaria de la UNED en Foz acogerá durante los próximos meses actividades formativas en los ámbitos educativo, psicológico, de idiomas, jurídico y de ocio. Fueron anunciadas hoy, viernes, por el alcalde focense, Fran Cajoto, y la coordinadora del centro, Fuensanta Otero, quien explicó: “hemos presentado las actividades de Extensión Universitaria del primer semestre del curso 2020/2021:
-Ámbito educativo, como La formación docente es el camino y Mediación escolar.
-Ámbito psicológico, como Primeros auxilios psicológicos en situaciones de emergencia y crisis, Gestión de las relaciones interpersonales en las organizaciones y Bienestar Emocional para tu Vida.
-Ámbito de los idiomas: preparación Iniciación B1 de Inglés y Celga 3 y 4.
-Actividades de formación en el ámbito del ocio y tiempo libre...
La UNED-Aula Universitaria de Foz abre el plazo de matrícula para este nuevo curso y oferta 28 grados, 11 grados combinados, 79 másteres y un curso de acceso para mayores de 25 y 45 años. Los interesados tendrán de plazo hasta el 22 de octubre para formalizar la matrícula.
El centro pone a disposición de los estudiantes las titulaciones y recursos que puede ofrecer una universidad presencial, pero con libertad para conciliar la vida laboral y familiar con la formación que requiere la sociedad.
La coordinadora de la UNED-Aula Universitaria de Foz, Mª Fuensanta Otero Beltrán, explica que “la combinación de formación online y semipresencial apoyada en una plataforma propia permite que la UNED sea la única universidad española que no aplica notas de corte a las solicitudes de sus futuros estudiantes”.
... leer másA Aula CeMIT do Concello de Ribadeo acollerá a realización de exames universitarios destinados a aquel alumnado con dificultades para examinarse online desde os seus fogares.
A concelleira de Mocidade, Mariluz Álvarez Lastra, explicou que “a Amtega xunto coa Fegamp e as tres Universidades galegas asinaron un acordo para posibilitar a realización destas probas que se desenvolverán ata o vindeiro 31 de xullo. E o Concello de Ribadeo súmase a esta iniciativa”.
A edil nacionalista dixo que “o alumnado interesado en acudir á Aula CeMIT ribadense deberá rexistrarse como usuario/a da Rede CeMIT na web de CeMIT, premendo o botón alta novo usuario/a. Ao finalizar o proceso remitirase un correo electrónico coa confirmación da alta, o nome de usuario e contrasinal”.
E engadiu que “os interesados...
leer másA UNED-Aula Universitaria de Foz ten aberto ata o 23 de outubro o prazo de matrícula para o curso 2019-2020. Foi presentado polo alcalde, Fran Cajoto; o concelleiro de Cultura e Educación, Héctor Moris; e a coordinadora do centro, María Fuensanta Otero.
Héctor Moris destacou que “para este goberno a educación é un dos piares básicos de calquera sociedade, xa que sen coñecemento e cultura non pode avanzar e perde por completo a súa liberdade. Dentro de toda a oferta de ensino regrado superior destaca a UNED como elemento de universalización da educación xa que permite a formación daquelas persoas que debido ás súas circunstancias non poderían optar a ela nin rematar os seus estudos. Ofrece unha liberdade de horario xunto cunha ampla oferta formativa e así calquera persoa pode acceder a ela. Dentro da UNED compre destacar o labor da aula de...
leer másA Aula CeMIT do Concello de Ribadeo organiza un taller dirixido a persoas maiores para ensinarlles o manexo de teléfonos móbiles e tabletas. A actividade, denominada Ao lado dos nosos maiores, terá lugar na Aula CeMIT os días 18 e 25 de xuño, en horario de 11:30 a 13:30 horas.
O taller, impartido por persoal de Orange, ten como obxectivo ensinar aos participantes as pautas básicas do funcionamento dos móbiles e das tabletas, así como solucionar as dúbidas que poidan ter para facer a súa experiencia máis doada, que adquiran maior autonomía persoal e que se familiaricen coa tecnoloxía móbil.
Durante as catro horas de actividade é recomendable que as persoas maiores leven os seus teléfonos móbiles e tabletas para aprender a enviar fotos, vídeos e mensaxes por WhatsApp, gardar contactos, facer chamadas, acceder e...
leer másO vindeiro xoves, 19 de outubro, ás 10:00 horas terá lugar na aula do Centro Demostrador TIC, en Santiago de Compostela, a presentación dunha actividade formativa que se vai a realizar en colaboración con Orange e a Escola de Organización Industrial (EOI). O acto, que será retransmitido a través de videoconferencia desde a Aula CeMIT de Ribadeo, terá unha duración máxima dunha hora.
A actividade denomínase Sé dixital e é un programa de formación on line para desenvolver habilidades dixitais e axudar aos cidadáns a facer negocios desde a súa localidade. A actividade está baseada en contidos de alta calidade e coas últimas técnicas audiovisuais/linguaxes de comunicación, con expertos e especialistas de renome, e adaptados á realidade de cada municipio ou comunidade.
A formación consiste nun curso gratuíto de 20...
leer más