San Pedro
As festas patronais de San Pedro, no municipio de Viveiro, celébranse o venres 26 e o sábado 27 de xuño.
As actividades comezarán o venres ás 20:30 horas con churrascada amenizada polo grupo Fol do Raxal, a través do programa Tradigalu, da Deputación de Lugo. Despois haberá verbena amenizada pola orquestra Suavecito e o dúo Belinda.
E o sábado ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e procesión. A continuación comezará a sesión vermú coa orquestra Escaparate e o grupo Lecer. Tamén haberá xantar popular e despois baile con Rackel DJ e JLO el Romántico. E na verbena actuarán a orquestra Escaparate e o grupo Lecer.
A parroquia de Cangas de Foz celebrará as festas na honra á Virxe do Carme e a San Pedro esta fin de semana, días 26, 27 e 28 de xuño.
As actividades comezarán o venres 26 a partir das 21:00 horas cunha sardiñada e desde as 23:00 horas haberá verbena amenizada pola charanga Os Támega e Disco Móbil Conxuro.
O sábado 27 ás 13: 00 horas celebrarase misa solemne na honra á Virxe do Carme cantada polo grupo Mar Aberto. Despois haberá procesión e sesión vermú co grupo Galia. Pola tarde elaborarase unha alfombra floral e ás 22:30 horas comezará a verbena amenizada polos grupos Galia e a Banda de Ayer.
E o domingo 28 ás 13:00 horas haberá misa solemne na honra a San Pedro acompañada do coro Os Castros, procesión e sesión vermú co dúo Venus, que tamén amenizará o tardeo coa orquestra Los Satélites...
leer másA asociación cultural O Picato, de Trabada, organiza a celebración do San Pedro, que terá lugar no Pavillón Municipal este sábado, día 28 de Xuño.
“Comezaremos as 20:30 horas e contaremos coa actuación do grupo A Subela, de Foz, que nos deleitarán coa nosa fermosa música tradicional. Pasaremos unhas horas de ledicia, con boa música e boa comida”, anuncia a asociación O Picato.
Cangas de Foz celebrará as festas na honra á Virxe do Carme e a San Pedro os días 27, 28 e 29 de xuño.
As actividades comezarán o venres a partir das 21:00 horas, cando haberá sardiñada, que será gratis para a veciñanza de Cangas e as demais persoas terán que pagar 10 euros. Desde as 23:00 horas terá lugar o Riosmar Fest, con entrada gratuíta, no que actuará a orquestra Kubo, co seu macro escenario, e os DJs Alejandro Martínez e Manu Méndez.
O sábado ás 12:30 horas celebrarase misa solemne na honra á Virxe do Carme e despois procesión e sesión vermú coa orquestra Magos, que tamén actuará na verbena xunto á orquestra Miramar.
E o domingo ás 12:30 horas celebrarase misa solemne na honra a San Pedro, cantada polo coro Os Castros; e despois procesión coa Banda de Foz e sesión vermú co dúo...
leer másViveiro celebrará as festas na honra a San Pedro os días 27 e 28 de xuño, venres e sábado desta semana.
As actividades comezarán o venres ás 20:30 horas cunha churrascada e despois haberá verbena co grupo Fénix e o dúo Dilema.
E o sábado ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e procesión. Despois haberá sesión vermú co grupo M3 e o dúo D'Caché Music. Ademais terá lugar un xantar popular e haberá lanchiñas e inchables gratis. Despois da comida o baile estará amenizado polo dúo D'Caché Music. E pola noite na verbena actuarán os grupos M3 Show e Arizona.
A parroquia de Argomoso, no concello de Mondoñedo, celebrará as festas na honra a San Pedro esta fin de semana, o sábado 29 e o domingo 30 de xuño.
As actividades comezarán o sábado ás 13:00 horas con misa solemne, seguida de procesión e sesión vermú, amenizada polo grupo Fama, que tamén actuará na verbena xunto ao dúo Cover.
E o domingo ás 13:30 horas haberá misa solemne e despois procesión e sesión vermú larga co grupo Lume.
A parroquia de Miñotos, no concello de Ourol, celebra a festa de San Pedro este sábado, 29 de xuño.
As actividades empezarán ás 13:00 horas con misa solemne seguida de procesión e sesión vermú, amenizada polo grupo Tapyoka, que tamén actuará na verbena xunto a unha disco móbil.
Esta festa está organizada pola asociación de veciños San Pedro de Miñotos.
A parroquia ribadense de Arante celebrará as súas festas na honra de San Pedro esta fin de semana, o venres 28 e o sábado 29.
As actividades empezarán o venres con churrascada gratis e verbena amenizada polo grupo América SL.
E o sábado haberá misa solemne ás 13:00 horas seguida de sesión vermú amenizada por Jorge El Latino, que tamén actuará na verbena xunto a Antonio Barros.
Viveiro celebrará as festas de San Pedro este venres e sábado, días 28 e 29 de xuño.
As actividades comezarán o venres ás 20:30 horas cunha churrascada e despois haberá verbena amenizada polo grupo Fénix e o dúo Dilema.
E o sábado celebrarase misa solemne ás 13:00 horas e a continuación terá lugar a procesión e sesión vermú dobre coa orquestra Estelamar e o dúo D´Vicio, que tamén actuarán na verbena.
A parroquia de Mor, no concello de Alfoz, celebrará as festas na honra de San Pedro os días 29 e 30 de xuño, sábado e domingo.
As actividades comezarán o sábado ás 13:00 con misa solemne seguida de procesión. A continuación haberá sesión vermú a cargo do grupo Kalima 3.0, que tamén actuará na verbena, xunto co dúo Belinda.
E o domingo celebrarase misa solemne ás 13:00 horas e despois haberá sesión vermú co dúo Belinda.
Estas festas están organizadas pola asociación veciñal de Mor coa colaboración do Concello de Alfoz.












