San Pedro, en Viveiro, celebra as súas festas patronais o venres 26 e o sábado 27 de xuño

As festas patronais de San Pedro, no municipio de Viveiro, celébranse o venres 26 e o sábado 27 de xuño.

As actividades comezarán o venres ás 20:30 horas con churrascada amenizada polo grupo Fol do Raxal, a través do programa Tradigalu, da Deputación de Lugo. Despois haberá verbena amenizada pola orquestra Suavecito e o dúo Belinda.

E o sábado ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e procesión. A continuación comezará a sesión vermú coa orquestra Escaparate e o grupo Lecer. Tamén haberá xantar popular e despois baile con Rackel DJ e JLO el Romántico. E na verbena actuarán a orquestra Escaparate e o grupo Lecer.