Casa da Cultura

22/04/2024

A Casa da Cultura de Burela acollerá unha representación da obra teatral “Morte accidental dun anarquista”, do dramaturgo italiano Dario Fo. O espectáculo, a cargo de Talía Teatro e dirixido por Cándido Pazo, terá lugar este venres, día 26 de abril, ás 21:00 horas. Está dirixido a un público adulto. As entradas terán un prezo de 4 euros e poderán ser adquiridas na propia Casa da Cultura a partir das 20:00 horas do día da representación.

Toño Casais, Dani Trillo, Xurxo Barcala, Rubén Prieto, Artur Trillo, Diego Rey e Marta Ríos levan a escena esta peza de 1970 que nos sitúa en Italia nun momento de gran inestabilidade social. A obra “levaba tempo no noso ficheiro de posibles”, xa que “ben podería ser un retrato da actual situación do noso país”, sinalan dende Talía Teatro. “Trátase dun texto clásico cunha comicidade mordaz, absolutamente...

leer más
Etiquetas:
21/09/2015
O grupo de teatro Pico do Castro, de Foz, actuará este venres, 25 de setembro, na Casa da Cultura focense.
 
O grupo de teatro O Pico do Castro, de Foz, levará a escena a súa obra O consultorio este venres, 25 de setembro, na Casa da Cultura focense. A cita é as 21 horas e a entrada é gratuíta. 
Esta actividade conta coa colaboración da Delegación de Cultura do Concello de Foz.
 
 
Etiquetas:
19/02/2015
A Esmorga, de Ignacio Vilar, proxectarase este venres e este sábado, 20 e 21 de febreiro, na Casa da Cultura de Burela.
 
O Concello, en colaboración con Radio Burela, organiza a proxección da película A Esmorga. Será na Casa da Cultura este venres e este sábado. 
O venres, 20 de febreiro, haberá pola mañá proxeccións para os institutos da localidade e ás 20:30 horas será o primeiro dos pases para todo o público. Xa o sábado, día 21, haberá dous pases un ás 17:30 horas e outro ás 20:30 horas. Antes deste segundo terá lugar un coloquio no que participará o director do filme Ignacio Vilar. 
A Esmorga está protagonizada por Karra Elejalde, Miguel de Lira e Antonio Durán “Morris”. 
 
07/01/2015
Burela acolle ata o 16 de xaneiro a esposición de bixutería Universo Viary.

A Concellería de Cultura de Burela presenta estes días na vila a que será a súa primeira exposición para este novo ano 2015. A mostra leva o título de Universo Viary e corre a cargo da artista Silvia Viary, unha moza burelesa especializada na creación de obxectos de bixutería artesanal.

A exposición inaugurouse o pasado venres, 2 de xaneiro, na sala de exposicións da Casa da Cultura de Burela, e permanecerá aberta ata o 16 de xaneiro en horario de 09.00 a 13.00 horas polas mañás e de 17.00 a 20.00 horas polas tardes. A concelleira de Cultura de Burela, Mónica Pedre,  animou aos veciños "a achegarse a visitar esta interesante exposición".