O Valadouro

05/08/2026

Este venres, día 7 de agosto, ás 20:00 horas celebrarase o I Festival Homenaxe aos Músicos do Val no parque Concepción Arenal, de Ferreira do Valadouro.

É un evento organizado pola asociación Ó Compás do Río Ouro, que anuncia: “será moi especial dado que contamos con moitas colaboracións musicais e artísticas percorrendo a historia musical do noso val. Entre moitos contamos con: Miro Casabella, Pablo Peláez & Juan Clemente Novo, o Dúo Hameenlinna (Blanca López Rubal & Raúl Saiz), músicos de orquestras como Los Mejoranos e Arcadio Nueva Ola (Luis Río, Antonio Mandiá, Juan Carlos García, Luis Fernández, Alfonso Maseda, Lino Rico, Eladio Bermúdez e José Eduardo Canoura), Edmundo Maseda, membros de gaita e percusión de Porto D'Ouro (Luis Miguel & compañía), as pandereteiras Medianas de Amadolar e, como non, a nosa Banda de Música...

leer más
Etiquetas:
22/07/2026

O primeiro Festival de Bandas organizado pola asociación cultural Ó compás do río Ouro celebrarase en Ferreira do Valadouro este domingo, 26 de xullo. Será ás 20:00 horas na praza Concepción Arenal.

“Este domingo celebramos o I Festival de Bandas de música no Valadouro. Estarán con nós a Banda Municipal de Música de Guitiriz e a Banda de Música de Foz. É todo un pracer contar con estas dúas bandas que teñen unha longa traxectoria e soan de luxo”, anuncia a asociación Ó compás do río Ouro.

 

22/06/2026

A asociación cultural Ao Compás do Río Ouro organiza unha sardiñada de San Xoán este martes, día 23 de xuño, en Ferreira do Valadouro. Será na explanada do antigo matadoiro a partir das 21:30 horas. 

“Tendes unha cita para disfrutar dunha noite máxica. Haberá sardiñas asadas acompañadas de pan, cachelo, empanada de bonito, postre, auga e viño, de balde. E para botar as meigas fóra, queimada e moita música co DJ Conxuro”, anuncia o colectivo Ao Compás do Río Ouro.

Etiquetas:
22/06/2026

A parroquia de Alaxe, no municipio do Valadouro, está de festas os día 23 e 24 de xuño, martes e mércores.

O martes haberá cea popular e actuarán o grupo Montreal e a famosa cantante Pili Pampín.

E o mércores celebrarase misa solemne ás 13:00 horas e despois haberá sesión vermú amenizada polo dúo Son do Val, que tamén ofrecerá unha sesión de tarde desde as 18:00 horas.

02/05/2026

O día 17 de maio, Día das Letras Galegas, ás 19:00 horas o Seminario de Estudos do Valadouro (SEVA) presentará o caderno titulado Cancioneiro do Valadouro. Será na Casa da Cultura Manuel Lourenzo.

O SEVA anuncia que será “un encontro único arredor da nosa tradición oral e música popular con recompilación de coplas e pezas recollidas a xentes do Valadouro. Unha cita imprescindible para gozar, lembrar e manter viva a nosa cultura e tradición!”.

01/05/2026

A parroquia de Santa Cruz, no municipio de O Valadouro, celebrará as súas festas patronais este domingo, día 3 de maio.

As actividades comezarán con misa solemne ás 13:00 horas e despois haberá procesión e sesión vermú coa orquestra Principal, que tamén amenizará o tardeo desde as 20:00 horas e con colchonetas gratis para os nenos e nenas.

29/04/2026

O Moto Clube Valadouro prepara unha nova edición da súa concentración moteira, que se celebra desde mañá ata o domingo 3 de maio coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Está previsto que participen uns 600 moteiros e moteiras

O deputado provincial de Mocidade, Daniel García, participou na presentación do programa, que “mestura actividades específicas como exhibicións acrobáticas e rutas libres e turísticas pola contorna cunha ampla axenda lúdica para público de todas as idades que encherá de actividade Ferreira durante as catro xornadas”, explica a Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que engade: “a concentración, que cumpre 29 edicións, é a actividade máis importante das que organiza o club, que conta con 31 anos de traxectoria nos que pasou de 20 a case 200 persoas socias, do Valadouro e Alfoz e do resto da comarca...

leer más
24/04/2026

A Xunta de Galicia anuncia que renova a súa colaboración coa Concentración de Motos do Valadouro, que se celebrará do 30 de abril ao 3 de maio. A cita, organizada polo Moto Club O Valadouro, chega este ano á súa 29ª edición.

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu este venres, 24 de abril, a presentación do programa, coa participación do delegado territorial, Javier Arias; o presidente do colectivo organizador, Simón Rubal; e o alcalde do Valadouro, José Manuel Lamela.

A Xunta explica que “a concentración, consolidada como unha cita de referencia dentro do calendario moteiro, reunirá preto de 600 participantes procedentes principalmente de Galicia, Asturias e Castela e León, pero tamén doutros puntos de España e mesmo de países como Portugal ou Francia. Os participantes poderán desfrutar dun amplo...

leer más
Etiquetas:
09/04/2026

Este venres, día 10 de abril, ás 20:00 horas alumnado do IES Alfoz-Valadouro realizará un desfile de moda no Centro Sociocultural Manuel Lourenzo, que está na Casa da Cultura de Ferreira do Valadouro.

O Concello do Valadouro convida “a familias, veciños e visitantes acudir a este evento”.

13/03/2026

A humorista Leti da Taberna presentará no Valadouro o seu espectáculo titulado Enredada. Será este sábado, día 14 de marzo, ás 20:00 horas na Casa da Cultura.

Está organizado polo Concello do Valadouro, que anuncia: “o sábado 14 de marzo ás 20: 00 horas haberá un show da famosa humorista Leti da Taberna que asegura moitas risas e diversión, con entrada de balde”.