O Valadouro

23/01/2022

O vindeiro 5 de febreiro celébrase no Valadouro a III Feira de Razas Autóctonas Galegas. O evento dará comezo ás 10 da mañá no aparcadoiro municipal, a carón da piscina. Haberá máis de 4.200 euros en premios nas diferentes categorías establecidas.

A inscrición pode facerse no e-mail concurso@valadouro.gal, na Casa da Cultura do Valadouro entre o luns, 24 de xaneiro, e o mércores 2 de febreiro ata as 20:00 horas, pola sede electrónica do Concello do Valadouro.

As persoas interesadas poden obter máis información no seguinte número de teléfono: 982 57 15 16 ext. 1 (luns a venres de 9:30h. a 13:30h. e 16:00h. a 20:00h.)

Organiza o Concello da Valadouro coa colaboración da Área de Medio Rural da Deputación de Lugo, Acruga, Asoporcel, Puraga, Club...

leer más
Etiquetas:
02/01/2022

Desde a organización explican: “os do grupo Humorístico Trípode adoitamos organizar unha gala solidaria polo Nadal. Este ano, aínda que estamos inactivos no aspecto teatral, xuntamos a 6 cantantes amigos para que creen espectáculo e arte musical no Salón de Actos da Casa da Cultura de Ferreira do Valadouro. Será o vindeiro sábado, día 8 de xaneiro, ás 19,00 horas, seguindo escrupulosamente as normas Covid ditadas para esa data. No transcurso da Gala musical recolleranse donativos para a agrupación de Cáritas de Alfoz e O Valadouro. Manifestámoslle o noso sincero agradecemento aos cantantes participantes, así como á sección de Cultura do Concello do Valadouro pola súa axuda e a cesión do local da Casa da Cultura para actuar”. 

Juan Novás é o autor do cartel. E os artistas participantes son: 

ÁLEX BARREIRA.
...

leer más
Etiquetas:
29/12/2021

A Delegación de Cultura do Concello de O Valadouro continúa coa súa programación de Nadal coa actuación de Pablísimo que presenta O arquivo do chibo. A función, dirixida ao público familiar, terá lugar este xoves, 30 de decembro, ás 18:30 horas no salón de actos da Casa da Cultura do Concello do Valadouro. 

O arquivo do chibo é unha fabulación libre arredor do conto clásico de Os sete cabuxos e o lobo. Presenta cantigas de lobos esfameados, fábulas de cameiros teimudos e a historia de sete cabuxiños desobedientes. Un teatriño con múltiples xanelas e espazos que serven de viñetas para contar, a xeito de banda deseñada, este clásico actualizado empregando monicreques, xoguetes, sombras e moita cachifallada.

 

21/12/2021

Co obxecto de contribuír ó ambiente de Nadal nas rúas da vila nestas datas tan sinaladas, o Concello do Valadouro organiza o II CONCURSO DE BALCÓNS, VENTÁS, FACHADAS E ESCAPARATES da Vila de Ferreira.

O prazo de inscrición será dende o día 17 de decembro ó 23 de decembro de 2021, ás 20:00 horas. A decoración de balcóns, ventás, fachadas e escaparates deberán estar expostos, polo menos, entre os días 23 de decembro de 2021 ata o 6 de xaneiro de 2022.

 PREMIOS: 

 1º PREMIO: 300 €.
 2º PREMIO: 250 €.
 3º PREMIO: 200 €.
 4º PREMIO: 150 €.
 5º PREMIO: 100 €.

Consulta as bases e descarga o modelo de inscrición aquí  
https://cutt.ly/FY177oI

Etiquetas:
18/11/2021

O grupo Teatro de Ningures presenta a obra O OGrocho este domingo, 21 de novembro, ás 19:00 horas, no salón de actos do Centro Sociocultural Xuvenil e da Terceira Idade Manuel Lourenzo do Valadouro.

A obra, dirixida ao público familiar, representa a historia dun pequeno ogro que vive só coa súa nai nunha casa no medio dun tupido bosque apartado da comunidade. O día que empeza a ir á escola e ve a outros nenos descobre a súa diferenza, non só no seu tamaño senón tamén no seu instinto, é o fillo dun ogro que a súa nai amou de forma apaixonada. O Ogrocho, cos seus seis anos, a súa forza extraordinaria e a súa terrible herdanza, intenta reconciliarse coa súa parte oculta, dominar os seus instintos nun intento de parecerse aos demais. Para elo ten que superar tres probas.

Baseado na obra de Suzanne Lebeau,...

leer más
09/11/2021

O Circuíto de Teatro Afeccionado da Vicepresidencia da Deputación de Lugo programa para este sábado, 13 de novembro, en colaboración co Concello do Valadouro, a obra “O Lazarillo do Miño”, do grupo Os Pinchacarneiros, no Centro Sociocultural Manuel Lourenzo ás 20 horas.

O clásico Lazarillo que todos coñecemos dá paso a unha versión á galega, en concreto saída da capital lucense e representada con 13 actrices e actores sobre o escenario, nunha proposta destinada a todos os públicos.

Así, varios Lazarillos localizados nas terras do Miño, amosan unha realidade poboada de xentes de todo tipo, cregos nada caritativos, ricos que son máis ben mendigos, xente que se aproveita da boa fe dos demais ou persoas que loitan por ter un codelo de pan que levar á boca. Neste contexto, os diferentes lazarillos deberán tirar do seu...

leer más
Etiquetas:
27/10/2021

No concello do Valadouro celébrase o 30 de outubro, sábado, o Samaín, un costume de orixe celta, que representa a fin do verán.

Entre as actividades previstas para Samaín a Delegación de Cultura do Concello do Valadouro organiza uns obradoiros, nos que se decorarán cabazas, haberá manualidades, etcétera. Comezarán ás 11:00horas e recoméndase inscrición previa.

Pola tarde, de 17 a 20 horas, con parte dos elementos elaborados pola mañá, organizarase a Festa do Terror, “con moitos xogos, photocall, contos de medo, música, baile e moitas ganas de pasar unha tarde terrorificamente divertida. É moi recomendable acudir disfrazado.
Todas estas actividades están ideadas para realizar nas instalacións da Casa da Cultura e aínda que son de tipo familiar as idades ideais están entre 3 e 12 anos”, explica a organización...

leer más
Etiquetas:
10/10/2021

O vindeiro domingo, 17 de outubro, terá lugar no Valadouro un curso de iniciación ao mundo dos fungos, que será impartido pola Sociedade Micolóxica Lucus.

De 9:30 a 13:30 horas haberá unha clase teórico – practica na escola de agricultura ecolóxica do Valadouro.

As persoas interesadas en participar deben inscribirse chamando ao 982574000 en horario de 9 a 14 horas. As prazas son limitadas.

A actividade está organizada pola Deputación de Lugo e a Reserva da Biosfera Terras do Miño. Colabora o Concello de O Valadouro. 

Etiquetas:
04/10/2021

O vindeiro sábado, 9 de outubro, celébrase no Valadouro a tradicional Feira do Mel que chega xa á XXXIV edición.

Nesta ocasión, a feira estará situada na Praza de Santa María e na rúa Andrés López Palmeiro e contará coa presenza de numerosos produtores de mel, mazá, castaña e outros produtos de tempada. 

Nesta edición, en colaboración coa hostalería local, organízase unha ruta de tapeo polos distintos locais e entre todos os participantes sortearase un premio. 

Ademais tamén se realizará a presentación do libro de Prudencio Vivero "Os irmáns de América", e haberá animación de rúa, xogos pola tarde para o público infantil e moitas máis cousiñas. 

Entre os asistentes á Feira do Mel realizaranse dous sorteos con dous lotes de produtos da zona e de tempada.

... leer más
22/09/2021

Para a tempada 2021-2022 o Concello de O Valadouro ofrece escolas deportivas municipais de fútbol e patinaxe.

O Concello anuncia que está aberto o prazo de inscrición nas distintas categorías de fútbol para nenos que cursen desde 4º de infantil ata 4º de ESO para o curso escolar 2021/2022. Poden consultarse as bases na páxina web do Concello do Valadouro, na sede electrónica e nas oficinas da Casa da Cultura. O prazo de inscrición remata o 24 de setembro e as actividades comezarán o 1 de outubro.

E para a de patinaxe está aberto o prazo de inscrición para nenos que cursen desde 4º de infantil ata 6º primaria para o curso escolar 2021/2022. Poden consultarse as bases na páxina web do Concello do Valadouro, na sede electrónica e nas oficinas da Casa da Cultura.

O prazo de inscrición remata...

leer más