Foliada Nordestía
O Concello de Cervo anuncia que San Ciprián acollerá o sábado 28 de marzo a X Foliada Nordestía, “unha edición moi especial ao tratarse dun número redondo que celebra xa unha década deste encontro de música e cultura tradicional, que encherá de ambiente festivo a vila cun programa completo pensado para todos os públicos. A cita desenvolverase ao longo de toda a xornada e arrincará ás 12:00 horas cos Cantos de Taberna polos diferentes locais hostaleiros da vila. Ao mesmo tempo, entre as 12:00 e as 14:00 horas, haberá un obradoiro de cerámica. Ás 15:00 horas celebrarase o tradicional xantar popular, un dos momentos máis agardados da xornada para compartir mesa e festa. Pola tarde continuará a programación con máis actividades: de 16:30 a 18:30 horas, novo obradoiro de cerámica; ás 18:00 horas, obradoiro de iniciación ao baile tradicional a cargo de Iago de Vicente....
leer másA Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora un ano máis coa asociación A Rebolaxe na organización da Foliada Nordestía, que se celebrará o 12 de abril en San Cibrao, no concello de Cervo. O deputado de Mocidade, Daniel García, participou na presentación do programa deste encontro de música tradicional, que contará cos concertos de Tumba e Dálle, Xisco Feijóo e A Requinta da Laxeira na Praza dos Campos.
Daniel García valorou “o traballo de A Rebolaxe na conservación e na difusión da música tradicional coa organización desta foliada, pero tamén ao longo de todo o ano como agrupación musical e como promotora de aulas de música tradicional. Se podemos disfrutar desta xornada de Foliada,e polo traballo continúo e de base que mantén vivo o interese por ese patrimonio”.
A xornada comezará cos Cantos de Taberna, no...
leer más




