Gratuítas

04/04/2022

A Concellaría de Mocidade organiza unhas xornadas lúdicas que se desenvolverán os días 11 e 12 de abril no parque San Francisco destinadas a nenxs e rapazada entre as 16:30 e as 19:30 horas. Trátase de actividades gratuítas e rotatorias para as que non fai falla inscribirse. Haberá inchables, pista de slot e de skate park, xogo de escapismo, karaoke, máquina de pompas e obradoiros. 

A edil Mariluz Álvarez Lastra comentou que “dende a Oficina de Información Xuvenil, da Área de Mocidade do Concello de Ribadeo, queremos dar información das actividades que nestes días de lecer que van ter as nosas rapazas, rapaces e os nosos nenos e nenas xunto coas súas familias o luns 11 e o martes 12”.

A concelleira ribadense explicou que “nesta ocasión retomamos, como sempre víñamos facendo, actividades ao aire libre, que se van...

leer más