Baloncesto
Viveiro acolle os próximos días 3 e 4 de xaneiro o “Torneo de Nadal Cidade de Viveiro” de baloncesto, un campionato patrocinado polo Concello e organizado polo CB Viveiro e Drocer Eventos, coa colaboración da Deputación de Lugo e a Xunta xunto a Viveiro Asesores, Cafés Candelas e Hotel Reesort Las Sirenas.
Os polideportivos Antonio Tarrío, Vilar Ponte e o pavillón Municipal serán as sedes deste torneo para as categorías alevín e infantil, que reunirá na vila a un total de 18 equipos, 9 da categoría masculina e 9 da feminina, pertencentes ao Club Baloncesto Costa Artabra (BBCA) de Ferrol, o CB Montrove de Oleiros, o CB Navia de Asturias, o CB Bezana de Cantabria, o CAB Pontevedra ademais do club anfitrión.
“Estamos moi felices de poder acoller este torneo na nosa vila. É unha oportunidade fantástica non só de...
leer másO Concello de Cervo volverá acoller o campus de baloncesto EntreNos, entre o 26 de xuño e o 2 de xullo.
O pavillón da Veiga, que é o escenario no que se desenvolverá a actividade deportiva, acolleu a presentación da IV edición, da man do rexedor, Alfonso Villares, o edil de Deportes, David Rodríguez, e o director e o responsable de comunicación do campus, Nacho Mota e Pablo Ojea, respectivamente.
O Campus, en réxime interno, está dirixido ás crianzas nadas entre o ano 2005 e o 2010 (ambos incluídos).
O equipo técnico estará formado por Cristino Menor, Nacho Mota, Zaida Iglesias , Juanma López , Merche, Javier Cal, Gonzalo Faya e Juan Carlos Paz.
Os integrantes do Campus EntreNos recibirán cada día unha masterclass a cargo de recoñecidos profesionais do basket,...
leer másFoz, Burela, Cervo e Viveiro acollerán esta fin de semana o Torneo Lugo é Basket Formación, organizado pola ASXC Sagrado Corazón coa colaboración da Vicpresidencia da Deputación de Lugo
Dezaseis equipos das categorías infantil e cadete de toda Galiza -entre eles conxuntos do CB Burela e os lucenses ASXC Sagrado Corazón e Maristas - disputarán o torneo, que se presentou esta tarde no pavillón Torques de Marzán de Foz, nun acto no que estiveron prsentes deputado de Deportes, Efrén Castro, o tenente de alcalde de Foz, Xavier Fanego, e o responsable da ASXC Sagrado Corazón, Rubén Engroba, así como os concelleiros de Deportes de Cervo, David Rodríguez, e Burela, Ramiro Fernández.
O torneo ofrece a xogadoras e xogadores das categorías de formación unha oportunidade para mellorar as súas cualidades e prepara a vindeira...
leer másO primeiro torneo de baloncesto Celtas Praias de Foz disputarase o vindeiro 7 de setembro, martes, no Pavillón Torques de Marzán ás 20 horas entre o Club Baloncesto Breogán e o Oviedo Club Baloncesto.
A creación deste torneo parte da Concellería de Xuventude e Deportes, que dirixe Gema Méndez, quen destacou na presentación deste evento deportivo “a importancia deste deporte en Foz e a importante labor social e deportiva desenvolvida durante varias décadas polo Club Celtas Foz, que neste ano e medio de pandemia pasouno moi mal, tendo que interromper a súa actividade. Por iso queremos que o baloncesto volva con forza a Foz, e non podía ser de mellor forma que con dous grandes clubs coma o Breogán e o Oviedo, que casualmente teñen como directores deportivos a dúas persoas que formaron parte do Celtas, como son Tito Díaz e Héctor Galán, que...
leer másBurela acollerá do 18 ao 23 deste mes un stage de perfeccionamento técnico e táctico para xogadoras de baloncesto a partir de 14 anos de idade. Foi presentado na Casa do Concello burelés e o acto contou coa participación do alcalde, Alfredo Llano; un representante da xunta directiva do Club Baloncesto Burela, Juan Luis Moreno; e unha representante da asociación Drocer e do CB Ensino Lugo, Ana Ónega.
Os organizadores explican que esta actividade, denominada Burela Basket Pro, “reunirá a 38 xogadoras de baloncesto de 14 anos en diante para buscar a mellora técnico táctica das participantes. Este novo formato, no que traballarán conxuntamente xogadoras profesionais do Durán Maquinaria Ensino Lugo, de Liga Feminina Endesa, coas rapazas de mellor nivel de Galicia, terá como director técnico a Miguel Ángel Ortega, un dos nomes máis coñecidos no...
leer másO pavillón Vista Alegre acollerá este domingo a presentación e acto de apadriñamento de cinco equipos do Club Baloncesto Burela, o AFAN Benxamín Feminino, Camiña Eu Son Benxamín Masculino A, Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña. Benxamín Masculino B, DEBRA-Piel de Mariposa Alevín Feminino e Asociación Esperanza Alevín Masculino.
O acto está previsto para as 18.00 horas, nunha tarde repleta de compromisos sobre a pista. Ás 16.30 horas o Benxamín Masculino A medirase ao Cidade de Lugo no Monte Castelo e o Benxamín Masculino B saltará ao parqué de Vista Alegre fronte ao Ensino. Ás 19.00 será a quenda de Alevín Masculino e Alevín Feminino ante o Galen Ensino.
Xunto á directiva do CB Burela, tamén participarán as empresas patrocinadoras Pescados Rubén SL e Academia A Mariña, ademais da Fundación Imdecum e...
leer másA Casa da Cultura de San Ciprián acolleu a presentación do II Campus de Baloncesto EntreNos, que terá lugar na vila entre o 30 de xuño e o 6 de xullo.
Na rolda de prensa participaron o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Deportes, José Ramón Soto, o director do Campus, Nacho Mota, o director deportivo do mesmo, Cristino Menor, e o responsable de comunicación, Pablo Ojea.
Na actividade deportiva poderán participar todos os mozos e mozas nacidos entre o 2002 e o 2009 (ambos incluídos); e a inscrición permanecerá aberta ata o 15 de xuño.
O principal distintivo deste Campus é que xogadores e xogadoras en activo de primeiro nivel convivirán e adestrarán coa mocidade participante día tras día; polo que é unha oportunidade única para compartir charlas e intercambiar experiencias con profesionais deste...
O Centro Comercial Aberto de Foz fará mañá, sábado, entrega dunha bandeira de grandes dimensións destinada á afección do equipo de baloncesto local, o Celtas CCA de Foz. Será antes do encontro que os enfrontará en Marzán ao Allariz ás 18:00 horas.
A bandeira mide 54 metros cadrados (9x6) e servirá para animar aínda máis ao Celtas CCA de Foz, desde as bancadas do pavillón de Marzán. O equipo de baloncesto focense conta co patrocinio da ACIA/CCA focense. No acto de mañá, 19 de xaneiro, participarán o presidente, José Carlos Paleo, así coma o presidente do Celtas, Miguel Fraga, e directivos tanto de Acia como do club.