Torneo

Etiquetas:
13/10/2026

A décimo terceira edición do Aberto de Billarda Vila de Ribadeo disputarse este domingo, día 18 de outubro, ás 11:00 horas no campo do Outeiro, que está na parroquia de A Devesa.

Esta proba deportiva, que está organizada polo club ribadense Billardeiros Musicais, forma parte da segunda xornada da Liga Nacional de Billarda (LNB).

Etiquetas:
14/09/2026

O Concello de Cervo presentou o II Torneo de Xadrez Concello de Cervo, que se celebrará este sábado, 19 de setembro, a partir das 10:00 horas, na sala cultural Xosé Vizoso, no edificio da Carboeiras en Sargadelos.

A presentación da cita correu a cargo da alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, que estivo acompañada polo presidente do Club Xadrez San Roque e mestre desta disciplina, Aitor López, que se encarga de dirixir a actividade.

O torneo está dirixido ás categorías Sub 8, Sub 10, Sub 12, Sub 14, Sub 16 e Sub 18, “ofrecendo ás nenas e nenos participantes a oportunidade de gozar dunha xornada deportiva arredor do xadrez e de compartir experiencia con outros afeccionados a esta disciplina”.

A actividade conta coa colaboración do Club Xadrez San Roque, de Viveiro, e está organizada...

leer más
Etiquetas:
12/08/2026

O XXVIII torneo de tenis Vila de Foz disputarase desde este sábado, día 15,  ata o domingo 23 de agosto nas instalacións do Club de Tenis de Foz. Xogarase categoría individual absoluta e mixto, dobres absoluto e mixto e novas promesas.

Este evento deportivo está organizado polo Club de Tenis de Foz coa colaboración do Concello. As inscricións está abertas ata este xoves, 13 de agosto, ou completar cadro.

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, felicita ao Club de Tenis de Foz polo “traballo que fan durante todo o ano, promocionando este deporte especialmente entre os máis pequenos. Desde o Concello de Foz estamos encantados de colaborar con eles e impulsar o deporte base”.

Etiquetas:
11/08/2026

O Club Deportivo Foz, coa colaboración do Concello de Foz, organiza un ano máis o torneo de fútbol Vila de Foz, que este ano disputarán o CD Lugo e o Coruxo FC, este sábado, día 15 de agosto, ás 18:00 horas no Estadio Martínez Otero.

Desde o Concello de Foz o alcalde, Fran Cajoto, e o concelleiro de Deportes, Ángel Fernández Neira, poñen en valor, “o enorme traballo que está a facer a directiva do CD Foz, apostando pola canteira e conformando equipos moi competitivos. O fomento do deporte base é unha prioridade deste Concello e contar con clubs e directivas tan implicadas coma esta é unha sorte para nós. Desde o Concello de Foz animamos a acudir o sábado á tarde ao campo e desfrutar do espectáculo”.

Etiquetas:
04/08/2026

O deporte será o encargado de abrir a programación da Festa da Maruxaina coa celebración do IX Torneo Maruxaina de fútbol, que enfrontará ao Club Deportivo San Ciprián e á U.D. Folgueiro, unha cita que foi presentada este martes pola alcaldesa, Dolores García Caramés, polo presidente do club anfibrión, Eduardo Rubal, e o director deportivo, Félix Martins, nas insatalacións da Veiga.

O encontro, organizado polo CD San Ciprián, coa colaboración do Concello de Cervo, disputarase este xoves, 6 de agosto, ás 20:00 horas, no Campo Municipal da Veiga, en San Ciprián, nunha cita “xa consolidada dentro da programación festiva do municipio e que reúne cada verán a numerosos afeccionados ao fútbol”.

A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, subliñou a importancia desta iniciativa deportiva, sinalando que “o deporte será...

leer más
Etiquetas:
31/07/2026

O programa Verán na Praza segue enchendo as rúas de Lourenzá vida e actividade e o vindeiro mércores, día 5 de agosto, ás 19:00 horas a Praza do Conde Santo acollerá un torneo de petanca, unha proposta “pensada para gozar en familia e aberta a persoas de todas as idades”, anuncia o Concello.

A actividade está organizada pola Asociación Valdeflores, en colaboración co Concello de Lourenzá, e “será unha excelente oportunidade para compartir unha tarde de convivencia, deporte e diversión arredor dun dos xogos tradicionais máis populares”.

“Animamos a toda a veciñanza a participar, tanto a quen xa practica este deporte como a quen queira achegarse por primeira vez para aprender as tácticas e os segredos da petanca da man de persoas con experiencia. O máis importante será desfrutar do ambiente, coñecer este xogo e...

leer más
27/07/2026

El torneo de baloncesto 3x3 Burela Feira do Bonito se disputará desde este miércoles, día 29 de julio, hasta el 1 de agosto, sábado, en la Praza da Mariña.

Este evento deportivo está organizado por el Club Baloncesto Burela, que anuncia: “vuelve el 3x3 Burela. Prepárate para disfrutar de cuatro días de baloncesto, competición y espectáculo en pleno corazón de Burela. Categorías masculinas y femeninas: Sénior, U18, U16, U14, U12 y U10. 2.880 € en premios. Además, concursos de triples y habilidades. Inscripciones abiertas. Escanea el código QR del cartel o visita...

leer más
Etiquetas:
13/07/2026

O Concello de Burela anuncia que as pistas de tenis da Marosa acollerán un ano máis o torneo Memorial José Luis Yebra. Será desde este sábado, día 18 de xullo, ata o 2 de agosto. Na súa duodécima edición a competición “incluirá as modalidades de individual absoluto, con cadro de consolación para as persoas eliminadas no primeiro encontro; dobres absoluto; e individual xóvenes promesas, que contará con, cando menos, dúas categorías. O torneo entregará trofeos e vales de compra para primeira e segunda clasificadas en todas as categorías individuais, mentres que nas probas de dobres haberá trofeos para as parellas campioas e subcampioas. A gran final e o acto de clausura do torneo están previstos para o 2 de agosto”.

No marco desta edición farase entrega dun recordo conmemorativo do XII Aniversario do Memorial José Luis Yebra á súa familia....

leer más
18/06/2026

Do 19 ao 21 de xuño terá lugar o XVII Torneo Infantil de Fútbol Base, que organiza a SD Ribadeo: “no evento participarán 48 equipos procedentes na súa maioría de Asturias e de Galicia e tamén de Cantabria e Castela e León. Arredor de 1.200 xogadores e adestradores se darán cita no torneo, que encherá de novo a vila de deporte e de familiares, que arrouparán aos seus rapaces e gozarán de Ribadeo, da súa paisaxe, do seu comercio e da súa gastronomía”. Desenvolveranse no estadio municipal Pepe Barrera, no Campo de Outeiro, da Devesa; no Campo El Soutón, de Vegadeo; e no Campo Trenor, en Barres (Castropol).

Na presentación do XXI Torneo de Fútbol Base Alevín da SD Ribadeo participaron o alcalde, Dani Vega; o técnico municipal de Deportes, Iván López; a secretaria da SD Ribadeo, María José Tella; o coordenador de Fútbol 8 da SD Ribadeo, Aitor...

leer más
16/06/2026

O Pazo de San Marcos, en Lugo, acolleu este martes a presentación da XIII edición do torneo de fútbol sala base Heroes do Orzán, que reunirá na Mariña equipos de base en memoria de Rodrigo Maseda Lozano, policía burelés que perdeu a vida ao intentar rescatar a un mozo na praia coruñesa do Orzán en 2012 xunto a outros dous compañeiros -José Antonio Villamor e Javier López-

O torneo, organizado pola Fundación Imdecum co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, celebrarase do 25 ao 29 de xuño en pavillóns de Burela (Vista Alegre e Monte Castelo), San Cibrao (A Veiga), Xove, Viveiro e Foz (Marzán), “unha sede compartida que estende pola comarca o seu impacto social e económico, ademais de reforzar a proxección do Burela FS como referente deportivo”, explica a Vicepresidencia da Deputación, que anuncia: “o torneo reunirá máis de 1.100 xogadoras e xogadores de 97...

leer más