Fútbol Sala Base
O Pazo de San Marcos, en Lugo, acolleu este martes a presentación da XIII edición do torneo de fútbol sala base Heroes do Orzán, que reunirá na Mariña equipos de base en memoria de Rodrigo Maseda Lozano, policía burelés que perdeu a vida ao intentar rescatar a un mozo na praia coruñesa do Orzán en 2012 xunto a outros dous compañeiros -José Antonio Villamor e Javier López-
O torneo, organizado pola Fundación Imdecum co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, celebrarase do 25 ao 29 de xuño en pavillóns de Burela (Vista Alegre e Monte Castelo), San Cibrao (A Veiga), Xove, Viveiro e Foz (Marzán), “unha sede compartida que estende pola comarca o seu impacto social e económico, ademais de reforzar a proxección do Burela FS como referente deportivo”, explica a Vicepresidencia da Deputación, que anuncia: “o torneo reunirá máis de 1.100 xogadoras e xogadores de 97...
leer másA Fundación Impulso ao Deporte, Cultura e Turismo da Mariña (Imdecum) anuncia que o torneo de fútbol sala base XIII Memorial Rodrigo Maseda Lozano será desde o 25 ata o 29 de xuño nos municipios de Viveiro, Xove, Cervo, Foz e Burela.
“Xa está aquí a edición 2026 dun dos torneos de fútbol sala base máis destacados da península. Con máis equipos, máis xogadores e xogadoras e máis familias que nunca”, destaca a Fundación Imdecum, que engade: “nenas e nenos de todas as categorías poderán desfrutar da paixón polo futsal durante 5 días nos 5 concellos participantes da nosa comarca: Viveiro, Xove, Cervo, Foz e Burela”.




