Economía

Etiquetas:
14/12/2022

O vindeiro luns, 19 de decembro, na Casa do Concello de 10 a 14 horas terá lugar dentro do Programa de Economía Circular un Obradoiro de CoCreación no que se traballará o deseño colectivo dun signo distintivo común (selo verde) para os establecementos comprometidos coa transición circular e sostible do turismo en Ribadeo.

O concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, explica que “desde o Concello de Ribadeo quérese avanzar no deseño dun distintivo diferenciador que poña en valor aos establecementos que aposten pola sostibilidade e pola economía circular. Aproveitárase a xornada para debater e traballar sobre outras posibles iniciativas que podan xurdir arredor de todas as oportunidades que está a xerar a economía circular”. 

A xornada estará aberta a todas persoas e establecementos que desexen participar...

leer más
Etiquetas:
06/10/2022

Ata o 17 de outubro estará aberto o prazo de inscrición en Ribadeo + Economía Circular, un programa dirixido ao sector turístico da vila coa finalidade de promover a transición circular. 

Ribadeo + Economía Circular nace como un  programa de difusión, formación, asesoramento e acompañamento de cara a promover e facilitar a transición circular como fonte  de vantaxe competitiva para negocios do sector turístico da nosa vila.

Onte tivo lugar o evento de presentación ao que acudiron representantes de negocios locais de hostalería e restauración para profundar no concepto de economía circular da man da Cooperativa Alén, especialistas no deseño e aplicación de medidas circulares.

Acudiu tamén ao encontro Renata Lema, xerente dos aloxamentos turísticos Cabañitas del Bosque, situadas no concello...

leer más
Etiquetas:
27/09/2022

A Área de Desenvolvemento Local de Ribadeo presenta outro dos enfoques do Ribadeo Suma e que leva por nome, Ribadeo + Economía Circular, que é un programa de difusión, formación, asesoramento, acompañamento de cara a promover e facilitar a transición circular como fonte  de vantaxe competitiva para negocios do sector turístico. 

O programa contará con 3 fases.

O concelleiro Pablo Vizoso explica que “a primeira fase de difusión do programa no que teremos un charla cun negocio que xa está a pór en práctica medidas circulares como é o proxecto Cabañitas del Bosque. Neste encontro aproveitaremos para explicar o programa e as persoas profesionais e especializadas que levarán a cabo o proceso”. 

O encontro será o vindeiro 5 de outubro ás 17:30 horas na Casa do Concello e está aberto a todas a...

leer más