Pico Mustallar

25/11/2026

Con motivo da celebración do Día das Montañas, a asociación Os Sendeiros, de Foz, fará o día 11 de decembro, venres, unha ruta no pico Mustallar, que é o máis alto da provincia de Lugo. A saída desde a vila focega será ás 07:00 horas.

O prazo para anotarse remata o luns 7 de decembro e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.

Para participar nesta ruta, que é de dificultade media-alta, a organización recomenda  levar equipo de sendeirismo.