Curta

Etiquetas:
29/03/2022

A curtametraxe Jakobsland presentarase o sábado 9 de abril ás 19:30 horas na Casa da Cultura do Vicedo. Para asistir é necesario anotarse na Casa da Cultura ou por teléfono (no 982.59.01.95) ou por mail en omix@concellodovicedo.org.

Jakobsland e unha produción de Queiman e Pousa dirixida por Roque Cameselle rodada nos concellos de O Vicedo e Mañón e xa foi presentada en Santiago. Do elenco forman parte actores como Isabel Blanco, Bruxo Queiman, Alfonso Agra, Sergio Pazos e Andrea Pousa.

 

Etiquetas:
25/12/2018
A comezos de 2019 terá lugar na Mariña a rodaxe da curta O Neno e a Sombra, unha obra  baseada no noso patrimonio inmaterial, onde as meigas, o mal de ollo ou os ritos curativos conforman o substrato da historia. Temáticas recurrentes no xénero cinematográfico de orixe británica, coñecido como folk horror, no que se inspira este proxecto.
 
O equipo de O Neno e a Sombra, que ven de rematar un intenso proceso de preprodución, acaba de lanzar unha campaña de micromecenado na plataforma Verkami para conseguir fondos que se destinarán a contribuír no financiamento da curtamentraxe.
 
As persoas que colaboren nesta campaña, en función da cantidade que aporten, serán recompensadas con camisetas e pósters, deseñados polo artista gráfico Xosé Blanco,...
leer más