Rodaxe

Etiquetas:
10/06/2020

O dúo santiagués Boyanka Kostova, pioneiro do trap galego, ven de estrear o vídeo Muinheira do interior, que acompaña o lanzamento do seu novo disco Os dous de sempre.

O videoclip foi rodado no mes de marzo, antes da pandemia do Covid-19, e dirixido polo realizador Xaime Miranda. Contou ademais cos mariñáns Iago Vilarinho, como director de fotografía, e con Claudia Muiño, Sabela Blanco, Lucía Ramiro e Nuno Pico na produción.

A rodaxe levouse a cabo no porto de Morás en Xove e no CENIMA de Foz, nuns escenarios nos que destaca o contraste entre as arquitecturas e o colorido dos traxes, ao tempo que mestura a tradición, coas gaitas, o baile e os traxes, con elementos e paisaxes distópicas.

Na realización desta peza audiovisual o director contou coa colaboración como extras e corpo de baile...

leer más
Etiquetas:
25/12/2018
A comezos de 2019 terá lugar na Mariña a rodaxe da curta O Neno e a Sombra, unha obra  baseada no noso patrimonio inmaterial, onde as meigas, o mal de ollo ou os ritos curativos conforman o substrato da historia. Temáticas recurrentes no xénero cinematográfico de orixe británica, coñecido como folk horror, no que se inspira este proxecto.
 
O equipo de O Neno e a Sombra, que ven de rematar un intenso proceso de preprodución, acaba de lanzar unha campaña de micromecenado na plataforma Verkami para conseguir fondos que se destinarán a contribuír no financiamento da curtamentraxe.
 
As persoas que colaboren nesta campaña, en función da cantidade que aporten, serán recompensadas con camisetas e pósters, deseñados polo artista gráfico Xosé Blanco,...
leer más
Etiquetas:
20/09/2016
A BBC pasou pola praia das Catedrais e os días 27 e 28 de setembro chegará o equipo de rodaxe dunha serie que arrasa en Asia.
 
A concelleira de Turismo, Ana Martínez, considera que as visitas de canles de televisión internacionais á praia das Catedrais “son importantes para dar a coñecer este pequeno, pero fermoso recuncho do mundo, que cada día brilla como unha estrela como luz propia e con moita forza”. A BBC pasou por aquí e nuns días chegarán os actores, actrices e o resto de membros do equipo de rodaxe dunha serie que está a trunfar en Asia. 
 
A edil ribadense dixo que “logo dun verán espectacular en canto non só ao bo tempo, senón ao número de visitantes de novo a praia das Catedrais segue a ser protagonista. Durante os últimos tempos no Concello estamos a recibir solicitudes diversas para acceder ao areal e así poder gravar”. Martínez explicou que “...
leer más