Escolares

Etiquetas:
23/09/2018

A Rede Museística da Deputación ofrece un total de 36 actividadesaos escolares da Provincia, que terán lugar nos catro museos que conforman dita rede: O Museo Provincial de Lugo, o Museo Provincial do Mar, o Museo Fortaleza San Paio de Narla e o Museo Pazo de Tor. Así o avanzou no Museo Provincial de Lugo, a Deputada de Cultura, Pilar García Porto. As inscricións realízanse no Departamento de Didáctica de cada Museo. Para máis información pódese consultar http://redemuseisticalugo.org/index.asp. No acto estivo acompañada pola Directora do Museo Provincial, AureliaBalseiro e a Xerente da Rede Museistica, Encarna Lago.

García Porto explicou que a Deputación “pon a disposición dos centros escolares a súa nova programación para o curso escolar 2018/2019 coa idea de fomentar o achegamento do...

leer más
Etiquetas:
18/04/2017

A deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, mantivo este martes un encontro cos alumnos de Secundaria e Bacharelato do IES Ánxel Fole, do Concello de Lugo, que participan dende hoxe e ata o 21 de abril na Semana Escolar con Maruja Mallo. Nesta programación de actividades que organiza o Goberno da Deputación participan 9.000 alumnos, de 44 centros de toda a provincia que coñecerán a vida e obra da pintora viveirense Maruja Mallo. Con esta iniciativa o Executivo Provincial súmase á homenaxe que a Real Academia Galega rendeu á artista Maruja Mallo con motivo do Día das Artes Galegas.

O primeiro día os alumnos fixeron unha pegada de carteis nos centros escolares. A continuación repartíronse os preto de 9.000 exemplares do libro que a Deputación pon a disposición do alumnado de ESO e bacharelato. Durante a semana lectiva...

leer más
Etiquetas:
13/01/2016
Odaiko ofrecerá un concerto didáctico para escolares o 15 de xaneiro no Cine Teatro, en Ribadeo. Será pola mañá.
 
Este venres, 15 de xaneiro, ao longo da mañá haberá un concerto didáctico organizado por Odaiko Crea. Será no Cine Teatro e a el asistirán alumnos e alumnas dos colexios da contorna. O Concello colabora na celebración deste concerto cedendo as instalacións para facilitar a súa realización.
O grupo Odaiko xa ten demostrado as súas habilidades didácticas no eido dos concertos educativos aventurándose a debuxar sons e sensacións cos diferentes materiais que nos rodean na nosa vida cotián. Que estamos sentados apoiados nunha mesa, pois velaí vai un señor instrumento de percusión; que acabamos de escribir unha carta, outro instrumento máis co papel que empregamos, por non falar do vaso de auga que acabamos de beber!
Cos obxectos máis...
leer más