Congreso
A vila costeira de Burela (Lugo) acolle a próxima semana a celebración do primeiro Congreso Nacional de Artes de Pesca e do primeiro Congreso Infantil “Conservemos o noso Mar”, que terán lugar entre o xoves 12 e o venres 13 de decembro.
O xoves 12 de decembro pola mañá (de 9:00h a 13:30h) celebrarase na Casa da Cultura de Burela o Congreso Infantil “Conservemos o noso Mar”, no que alumnos e alumnas dos diferentes centros educativos de Burela concentrarán todo o protagonismo da xornada.
Tra-la intervención da doutora en Historia Contemporánea e profesora do IES Monte Castelo, Herminia Pernas Oroza, “Unha ollada á contribución histórica do porto de Burela á pesca sostible”, os alumnos exporán os traballos que levan realizando nas últimas semanas sobre as prácticas respectuosas co medio mariño.
... leer másA vila de Burela (Lugo) acolle a próxima semana a celebración do primeiro Congreso Nacional de Artes de Pesca, que terá lugar no Salón de Actos de Armadores de Burela ABSA durante o xoves 12 e o venres 13 de decembro.
O Congreso, que promove a Fundación EXPOMAR, ten como obxectivo a posta en valor das artes de pesca en perigo de desaparición, así como o intercambio de coñecementos sobre as artes doutros territorios de ámbito nacional.
Durante estas dúas xornadas intervirán profesionais relacionados co mundo pesqueiro de ámbito nacional e galego, como representantes das confrarías de pescadores das comunidades de Baleares, Cádiz, Valencia e Burela. Así mesmo participarán relatores da Universidade de Santiago de Compostela, de Portos de Galicia, de Grupos de Desenvolvemento Rural, da Federación Galega de Pesca...
leer másO vindeiro luns, 29 de xaneiro, de 8:30 a 14:00 horas terá lugar na biblioteca do IES Perdouro de Burela a segunda edición do ciclo de conferencias de imaxe Persoal. Esta ano o II Congreso de Imaxe Persoal leva por título "Adaptándose ao presente e ao futuro". Os contidos deste congreso están deseñados para o alumnado, profesorado de Imaxe persoal e para as empresas colaboradoras nos programas de FCT.
O Dr. Salvador Ramos Rey, Director médico de Spa Loida (A Coruña), abrirá o congreso cunha conferencia titulada "O impacto do cancro na imaxe persoal". Tratará o impacto socio-sanitario do cancro na sociedade actual. Falará da atención na imaxe persoal dos pacientes en relación ás secuelas que provocan os tratamentos oncolóxicos desta enfermidade.
A segunda conferencia "Cirurxía de trasplante de cabelo" coa técnica FUE será impartida por...