Medio Ambiente

20/04/2015
Mark Adkinson falará este venres, 24 de abril, en Ribadeo sobre "A pesca recreativa como fonte de ingresos sostibles". Organiza: O Tesón.
 
Este venres, 24 de abril, remata o ciclo Visións do medio ambiente desde Ribadeo, organizado pola asociación de veciños O Tesón. Ás 20 horas no salón de actos da Casa do Mar Mark Adkinson falará sobre "A pesca recreativa como fonte de ingresos sostibles".
Achégase un estracto do currículum de Mark Adkinson:
Nado en 1952 na Gran Bretaña, estudou manexo porcino en centros universitarios de Nottingham e Norfolk. No 1972 chega a España para traballar en Huesca, e tres anos máis tarde, a Galicia, agora levando as granxas de selección do Grupo Conagra (Saprogal). Pasa despois á delegación en Galicia da británica PIC. Nesta época traballa tamén como consultor internacional.
No 1996 monta en Francia o...
leer más