Aprazamento
O alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde, informou hoxe que a inauguración da tirolina, que estaba prevista para este venres, queda aprazada ata novo aviso debido ao confinamento de varios empregados da empresa adxudicataria, que xestiona esta instalación.
Campos Conde remarcou que “abriremos esta nova iniciativa turística con tódalas garantías e por suposto, atendendo sempre as recomendacións sanitarias”. Este complexo conta con dous grandes atractivos: visitar a única galería mineira aberta ao público de Galicia e lanzarse pola tirolina que conta con 330 metros de lonxitude. A instalación da Pontenova recrea o trazado do antigo tranvía aéreo que, atravesando o río Turia, transportaba o mineral desde as ladeiras da mina de Consuelo ata a mina de Boulloso.
Tendo en conta a evolución da pandemia e ante a posibilidade dun novo repunte de contaxios, o equipo de goberno de Lourenzá decidiu aprazar ata a primavera ou o outono a realización das IV Xornadas de Historia Local, que tiña previsto desenvolver en febreiro.
O edil de Cultura, Manuel Arango, explica: “cremos que sería unha irresponsabilidade celebras as xornadas nestes momentos, vendo o avance da pandemia tanto en Galicia como na Mariña. Estamos traballando para poder levalas a cabo en canto mellore a situación sanitaria e volvamos a unha nova situación de certa normalidade”.
A asociación Tá en Artes comunica aos centros educativos, artistas, Concellos de Cervo e Foz, medios de comunicación e aos veciños e veciñas da Mariña lucense que suspende a programación prevista para este ano, no que tiña previsto homenaxear a Quique Guerra.
O colectivo sinala que “dadas as circunstancias especiais que vivimos de incertidume, queremos trasladar toda a programación para o 2021, respectando as datas se a situación sanitaria así o permitise. Non está no ánimo da nosa asociación realizar as actividades de homenaxe á arte e aos e ás artistas, ademais de traballar en educación artística, sen o espazo temporal que todos e todas esperan desta organización. Facer as cousas en tempo e forma para acadar o máximo nivel posible é un obxectivo que perseguimos como colectivo”.
Tá en Artes agradece a todos e...
leer másA asociación Pasada das Cabras, de Burela, subliña que “debido ao estado de alarma no que nos atopamos por culpa de Covid-19 e xa que non sabemos cando será posible levar unha vida normal, queremos informar aos nosos socios, amigos e público en xeral, que a celebración do Día Do Socio, previsto para este 20 de xuño queda cancelada”.
E engaden que “posiblemente, e tendo en conta as circunstancias futuras, pospoñerase a unha data aínda por determinar ou á non celebración neste ano. Lembramos que, polas mesmas circunstancias e como xa informamos, as actividades desta asociación están interrompidas ata novo aviso. Paciencia e un abrazo para todos da Directiva”.