Cultura
A Asociación Cultural-Deportiva Xove presenta a nova tempada de actividades, que inclúe algunhas novidades. Ata o 3 de setembro está aberto o prazo de inscrición nas súas escolas. O proceso debe realizarse na páxina web www.acdxove.com cubrindo o formulario de inscrición 2023-2024. Para poder efectuarse, débese primeiramente ser socio, que se xestionará contactando coa Xunta Directiva da Asociación. Isto implica unha cota de 15 euros mensuais por familia abonado en pagos semestrais.
Outra das novidades será a ampliación da tempada. Nesta ocasión as actividades comezarán o 11 de setembro e rematarán o 15 de xuño. Previamente, a presentación da tempada será o 9 de setembro ás 20 horas no Pavillón Municipal de Xove.
Ademais aumenta a oferta de actividades. Por unha banda,...
leer másVivemar convida a tódolos colectivos da Mariña que teñan algún tipo de relación co mar e interese polo seu patrimonio a asistir ao encontro de traballo que terá lugar o vindeiro 22 de xullo en Foz.
O obxectivo fixado no anterior encontro foi avanzar na definición e realización dun Catálogo de recursos da Cultura marítima da Mariña e o Cantábrico galego, para o que se artellan tres mesas de traballo segundo a temática, unha para embarcacións, outra para o patrimonio construído e a outra para o inmaterial, é dicir, a memoria das persoas vivas que viviron do e para o mar.
Quen desexe inscribirse deberá cumplimentar o seguinte formulario
https://docs.google.com/forms/d/e/...
leer másEsta fin de semana seguirá o ciclo Cultura nas Parroquias coas tres actuacións que ofrecerán As Cegas de Ouselle en Cinxe, Vilaframil e Piñeira.
A concelleira de Cultura, Pilar Otero, dixo que “en Ribadeo están programados para estes días tres concertos dentro do ciclo Cultura nas Parroquias, no que levamos traballando moitos anos”.
A edil ribadense explicou que “a formación As Cegas de Ouselle é a escollida para amenizar estas tardes da fin de semana. Este trío nacido no 2020 presenta unha viaxe musical e visual polo mundo das persoas cegas que tocaban nas feiras do pasado século. Trátase dunha mirada actual sobre as pezas da tradición galega con especial achegamento ás músicas portuguesas. Antón Castro, que pon a voz a toca a zanfona e voz, Aldara Palmeiro, violín e voz e Miguel Lustres, acordeón e voz, ...
leer másA programación de febreiro a abril do Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, inclúe danza, música e teatro.
O Concello de Viveiro xa ten lista a programación cultural para o Teatro Pastor Díaz nos meses de febreiro, marzo e abril, cunha oferta variada de música, danza e teatro para todas as idades.
No vindeiro mes subirá ao escenario do Pastor Díaz a compañía Chévere, que co seu espectáculo ‘Nevermore (A Caixa negra do Prestige)’ reconstrúe a catástrofe ecolóxica que viviu Galicia hai dúas décadas e a conecta coa pandemia. Tamén Titzina Teatro presenta en Viveiro ‘Búho’, unha peza que se mergulla no concepto da identidade.
En marzo será a quenda de ‘A música das beguinas’ co folk tradicional de Mamá Cabra e Bellón Maceiras e dunha dobre cita co teatro da man, primeiro, de Culturactiva, que representará ‘As alumnas’, e despois do Teatro Andazas que porá en escena ‘Baile de huesos’.
En abril o...
leer másO Concello de Foz presenta a súa programación cultural de outono, que se desenvolverá no salón de actos da Casa da Cultura debido ás obras que se están realizando para mellorar a Sala Bahía.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “coa chegada do outono a programación cultural de Foz muda de espazos pero continúa o seu camiñar. As obras da Sala Bahía obrigarán a centrar toda a programación no Salón de Actos da Casa da Cultura. O mes de outubro está dedicado ao teatro. Como ven sendo habitual en Foz, durante todos os venres do mes de outubro, a excepción do xoves 20, unha representación teatral de compañías de máximo nivel encherá o escenario da Casa da Cultura. Este ano o ciclo está denominado Emocións e “todas as obras que veremos afondan nos sentimentos e emocións das persoas, dende a incomunicación e a soidade, o...
leer másAta o 25 de setembro está aberto o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas organizadas pola ACD Xove para a tempada 2022-2023. As actividades darán comezo o 3 de outubro.
Haberá escolas deportivas de xogos pre-deportivos, karate, patinaxe artística, fútbol sala, baloncesto, xadrez, atletismo-duatlón, bádminton, tenis de mesa, fitdance-pilates e surf.
E tamén haberá escolas culturais de teatro e de pintura.
Desde a ACD Xove lembran que todo o alumnado que desexe participar deberá ser socio da entidade. Aquelas familias que se queiran incorporar como socias deberá ponerse en contacto coa xunta directiva da asociación. A cota é de 10 euros ao mes por familia (en pagos semestrais).
Para poñerse en contacto coa xunta directiva o teléfono e whatsapp é o 618 97 61...
leer másO Concello de Barreiros organiza unha xornada para dar a coñecer a cultura urbana aberta á mocidade e a poboación en xeral.Esta cita, novidosa en Barreiros, terá lugar na Praza do Souto, en San Miguel de Reinante, o vindeiro venres día 2 de setembro.
Ás 17 h. dará comezo o obradoiro de Parkour que contará con cubos de distintas alturas, traveseiros unindo os mesmos, pirámides, barras e diferentes obxectos para conformar un parque de Parkour totalmente estable,antiesvaramentos e con cantos redondeados para unha maior seguridade. A mocidade que desexe iniciarse nesta disciplina ou simplemente sinta curiosidade pola mesma, estará acompañada coa música do Dj Ze Pequeno, especialista nos ritmos máis globais mesturados coa electrónica.
Xa ás 20 horas, ao rematar o taller de parkour, seguirá a festa con Mr. Fishman, Dj...
leer másA Concellaría de Cultura de Ribadeo continúa co seu programa Cultura nas Parroquias 2022 coa actuación de Paula Carballeira.
A actriz galega estará esta fin de semana nas parroquias de Couxela e Covelas.
O sábado, 26 de marzo, actuará na Escola de Couxela e o domingo, 27 de marzo, na Escola de Covelas. Ambas representacións darán comezo ás 17:30 horas.
A Concellaría de Cultura de Ribadeo continúa desenvolvendo o seu programa Cultura nas Parroquias 2022.
No marco desas actividades esta fin de semana actuará a contacontos Paula Carballeira.
O sábado, 19 de febreiro, estará na Escola de Ove e o domingo 20 na Escola de Vilaframil.
As dúas actuacións darán comezo ás 17:30 horas.
Esta actriz e escritora galega conta cunha nutrida obra de relatos infantís e xuvenís dende hai tres décadas que comezou a súa carreira.
A principios deste mes de outubro chegaba unha nova edición de A Mariña en Ruta, que organiza a Mancomunidade de Concellos para axudar á dinamización da comarca no outono. O obxectivo pasa por atraer escapadas de fin de semana para os galegos e as galegas e para as comunidades autónomas máis próximas, así como dar a coñecer o territorio dun xeito ameno e diferente á propia poboación local.
O presidente da Mancomunidade, Fran Cajoto, lembraba na presentación do programa que tivo lugar o 27 de setembro no Cenima que “o proxecto A Mariña en Ruta, promovido pola Mancomunidade de Concellos, co apoio da Xunta de Galicia para a súa coordinación e execución e da Deputación de Lugo para a promoción en medios, consiste nun programa de rutas e actividades en torno á cultura e á natureza que durante esta edición dotará á Mariña Lucense dunha oferta...
leer más