Parroquias
Musiqueando polas Parroquias da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo chegará esta semana a Covelas.
Segundo explica o responsable da EMMeD, Hugo García, “continuando cun dos principais obxectivos do centro, que é ser motor socio-cultural do concello, a escola vén de programar esta pequena actuación en Covelas este mércores, 28 de xuño, ás 19:30 horas no pavillón de deporte, para que as persoas que non residen no casco ribadense, e lles poida resultar máis complicado asistir ás actividades que a EMMeD habitualmente programa, as poidan coñecer máis de cerca. Alí farase unha mostra do traballo que leva feito unha parte do alumnado do centro ao longo do curso”.
García engadiu que “este será o cuarto ano no que este programa se leva a cabo, polo que xa está incorporado dentro da programación anual do centro...
leer másO Concello de Mondoñedo arranca a terceira edición do programa As TIC Na casa, iniciativa que se empezou a desenvolver en todas as parroquias despois do confinamento, para achegar aos maiores o uso das novas tecnoloxías. Nesta edición levarase a cabo en Mondoñedo centro, Oirán, Sasdónigas e Viloalle. O programa comeza agora e durará ata finais de setembro.
O envellecemento da poboación é unha das maiores preocupacións dos galegos. Para abordar a relación das persoas maiores coas TIC, o programa As TIC na Casa emprega dúas perspectivas: como usuarios activos que as usan para realizar tarefas de todo tipo (lecer, formación, xestión administrativa etcétera), ou como usuarios perceptores de servizos de apoio á súa vida diaria, cunha necesidade de interacción mínima coa tecnoloxía ou mesmo sen interacción algunha. Por outro lado, apoia á...
leer másEsta fin de semana seguirá o ciclo Cultura nas Parroquias coas tres actuacións que ofrecerán As Cegas de Ouselle en Cinxe, Vilaframil e Piñeira.
A concelleira de Cultura, Pilar Otero, dixo que “en Ribadeo están programados para estes días tres concertos dentro do ciclo Cultura nas Parroquias, no que levamos traballando moitos anos”.
A edil ribadense explicou que “a formación As Cegas de Ouselle é a escollida para amenizar estas tardes da fin de semana. Este trío nacido no 2020 presenta unha viaxe musical e visual polo mundo das persoas cegas que tocaban nas feiras do pasado século. Trátase dunha mirada actual sobre as pezas da tradición galega con especial achegamento ás músicas portuguesas. Antón Castro, que pon a voz a toca a zanfona e voz, Aldara Palmeiro, violín e voz e Miguel Lustres, acordeón e voz, ...
leer másA Sala Bahía acollerá este sábado, día 15, ás 19 horas un monólogo de Federico Pérez, o popular actor, que é protagonista, entre outros, de Era Visto!, serie de humor da Televisión de Galicia. Esta actuación, enmarcada dentro do ciclo municipal Teatro nas Parroquias, realízase coa colaboración da asociación de veciños Torques de Marzán. A entrada será de balde.
E continuando este ciclo, o domingo 16 será a quenda de Pepo Suevos, que actuará na antiga Escola de San Acisclo ás 18 horas, tamén con entrada gratuíta. Esta actuación realízase en colaboración coa asociación de veciños Río Ouro, de San Acisclo.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, invita “a tod@s @s veciñ@s a desfrutar destas actuacións e a aproveitar o sábado completo visitando a Festa do Berberecho e a actuación pola noite da orquestra El Combo...
leer másDentro do Programa de Dinamización das Parroquias o Concello de Alfoz organiza dous cursos de primeiros auxilios para o vindeiro mes de marzo. Serán os domingos 12 e 26 de marzo nas escolas de Bacoi e de Chao (O Pereiro), respectivamente, de 17:30 a 19:30 horas.
Estes cursos serán impartidos por persoal sanitario e a participación é de balde. Están abertos a todas as persoas interesadas en aprender técnicas que poden salvar vidas, recoñecer os síntomas dun ictus ou dun infarto, facer a reanimación cardiopulmonar, cómo actuar nun atragantamento ou ante unha hemorraxia.
Para inscribirse só hai que chamar ao teléfono 982.558.001 (extensión 2) ou pasar polo Concello.
O Concello de Ribadeo organiza unha nova edición do programa As parroquias en marcha, que se desenvolverá do 30 de xaneiro ao 30 de xuño. Para participar nestas actividades de lecer as persoas interesadas poden obter máis información e inscribirse nas escolas das parroquias ou chamando ao teléfono 625 10 42 74.
A concelleira de Igualdade, Mónica Freire, explicou que “a veciñanza das parroquias de Ribadeo poderá asistir a actividades de memoria, obradoiros de novas tecnoloxías, cociña, xogos de mesa, tertulias…”.
A edil ribadense sinalou que “as actividades vanse facer nas diferentes parroquias do noso concello, tanto nas do interior como nas da costa. Son totalmente gratuítas e van comezar xa o 30 de xaneiro”.
Freire Rancaño engadiu que “se trata dun programa que ten moi boa acollida...
leer másO local da antiga báscula de Marzán, en Foz, acollerá este sábado, 14 de xaneiro a representación teatral da obra titulada O terapeuta, a cargo do grupo focego Pico do Castro. Será ás 19:30 horas.
Esta actividade está organizada pola Delegación de Cultura do Concello de Foz e asociación de veciños O Torques, de Marzán.
Argadelo, as voltas da música ao teatro volveu hai uns días na Escola das Anzas. Este obradoiro, enmarcado no ciclo Cultura nas Parroquias, chegará esta tempada tamén a Vilaselán.
A concelleira de Cultura, Pilar Otero, lembrou que “Argadelo comezou a súa andaina o pasado mes de maio. Trátase dun proxecto do Concello de Ribadeo en colaboración co músico e actor focego Manolo Vázquez, Mano Panforreteiro”.
Otero Cabarcos dixo que “Argadelo non é só música, teatro ou acción. É un xeito de xuntar persoas de todas as idades arredor dunha idea común, comunitaria, de verse unha vez por semana e crear cultura tendo como espazo a aldea. Comezamos en maio nas Anzas, un lugar dos máis dinámicos de Ribadeo, onde logramos reunir a unha quincena de persoas arredor de Argadelo. Descansamos en agosto e volvemos con máis folgos o...
leer másVolve o programa As parroquias en marcha, que organiza o Concello de Ribadeo. A primeira parte xa tivo lugar de maio a xullo e a segunda desenvolverase do 15 de setembro ao 15 de decembro. Para participar é preciso inscribirse chamando á Casa da Xuventude ao teléfono 982 129 889. A veciñanza das parroquias de Ribadeo poderá asistir a actividades de memoria, obradoiros de novas tecnoloxías, cociña, xogos de mesa, tertulias, excursións e teatro.
O alcalde, Fernando Suárez, subliñou que “tras o descanso estival volve outra vez o programa de actividades ás nosas parroquias. Toda a programación deseñada está dirixidas aos veciños e veciñas que queiran participar e sexan maiores de idade e a todas aquelas persoas que queiran compartir un tempo de lecer”.
O rexedor lembrou que “as actividades das Parroquias en marcha van...
leer másMusiqueando polas parroquias da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo chegará o 28 de xuño a Piñeira.
Segundo explica o responsable da EMMeD, Hugo García, “continuando cun dos principais obxectivos do centro, que é ser motor socio-cultural do concello, a escola vén de programar esta pequena actuación en Piñeira o martes, 28 de xuño, ás 19:00 horas no Teleclub, para que as persoas que non residen no casco ribadense, e lles poida resultar máis complicado asistir ás actividades que a EMMeD habitualmente programa, as poidan coñecer máis de cerca. Farase unha mostra do traballo que leva feito unha parte do alumnado do centro ao longo do curso”.
Este curso será o terceiro ano no que este programa se leva a cabo, polo que xa está incorporado dentro da programación anual do centro.
...
leer más- 1
- 2
- 3
- 4
- siguiente ›
- última »