Performance
O Casino de Mondoñedo organiza unha nova actividade para o sábado 19 de agosto.
As artistas mariñáns Ugia Pedreira e Marina Oural presentan a performance de poesía e música, titulada Unha faba, unha vida.
A actuación terá lugar no Casino de Mondoñedo ás 20:00 horas.
O prezo da entrada para os non soci@s é de 3 euros.
O Concello de Ribadeo acolle por vez primeira en residencia artística a obra escénica multidisciplinar Juana, onde poesía, danza e música se imbrican coa inspiración da poeta uruguaia Juana de Ibarbourou, Juana de América.
Filla de pai laurentino, esta escritora americana dá nome á biblioteca de Lourenzá e corresponde co lugar de nacemento da creadora e directora da obra, Marina Oural. Son os versos de Juana os que lle inspiraron a creación dunha performance onde integra textos propios, xunto a poemas da poeta uruguaia e un de Rosalía de Castro. Pon a voz e corpo a textos que brincan con música e danza composta para esta peza. Asumen así o risco varios artistas de diferentes ámbitos o reto de compor unha obra de arredor de 50 minutos onde a Improvisación Libre Multidisciplinar é a ferramenta base de traballo.
Por primeira...