O 19 de agosto no Casino de Mondoñedo terá lugar a performance "Unha faba, unha vida", protagonizada por Ugía Pedreira e Marina Oural.

O Casino de Mondoñedo organiza unha nova actividade para o sábado 19 de agosto.

As artistas mariñáns Ugia Pedreira e Marina Oural presentan a performance de poesía e música, titulada Unha faba, unha vida.

A actuación terá lugar no Casino de Mondoñedo ás 20:00 horas.

O prezo da entrada para os non soci@s é de 3 euros.