Miradoiro

Etiquetas:
24/03/2021

O Concello remata estes días as obras de recuperación ambiental do miradoiro de aves que hai na marxe galega da ría de Ribadeo, en Reme, na parroquia de Ove. Para o alcalde, Fernando Suárez, “esta actuación supón un paso máis dentro do compromiso ambiental seguido polo Concello, principalmente no referente á protección, conservación e recuperación dos seus espazos naturais”.

O rexedor contou que “nestes días estamos rematando estas obras de recuperación ambiental do miradoiro de aves que hai aquí na marxe galega da ría de Ribadeo, na parroquia de Ove. Ven substituír a outra infraestrutura que estaba moi deteriorada co paso do tempo e, sobre todo, con moitos signos de vandalismo que tiña”.

Suárez Barcia dixo: “esta actuación, que agora rematamos, fixémola en dúas anualidades a través dunha axuda da Rede Natura 2000...

leer más