Novo

Etiquetas:
08/06/2026

A Escola de Música e Danza (EMMeD) celebrará o vindeiro luns, 22 de xuño, unha xornada de portas abertas co obxectivo de dar a coñecer as súas instalacións e a súa oferta educativa. O evento terá lugar entre as 16:00 e 18:00 horas.

Durante esta xornada, o profesorado do centro explicará polo miúdo as distintas disciplinas que se imparten na escola. Ademais, as persoas interesadas poderán participar nunha pequena clase práctica de balde, o que supón unha oportunidade única para probar as diferentes materias antes de formalizar a matrícula no centro.

Actividades por idades
Para facilitar a organización e adaptarse ao nivel pedagóxico, as actividades estarán divididas segundo as seguintes franxas de idade:
-Música e movemento: nenas e nenos nados entre os anos 2019 e 2022.
-Práctica instrumental:...

leer más
Etiquetas:
13/12/2022

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, e o concelleiro de Turismo, Chema Linares, acudiron hoxe, martes, ao novo miradoiro de Pico de Castro, unha atalaia privilexiada a só 5 minutos camiñando desde o centro urbano da vila.

Dentro das obras de urbanización de Costa do Castro e como mellora do proxecto, o goberno municipal apostou por instalar un miradoiro no Pico do Castro –nas letras de Foz-, nuns terreos municipais que constitúen un punto de observación excepcional sobre o Cantábrico e a propia Ría de Foz. 

O alcalde destaca “o gran valor paisaxístico do novo miradoiro, unha plataforma de case 30 metros cadrados de madeira con dous bancos laterais de 4 metros de lonxitude: desde Pico do Castro podemos observar toda a rasa cantábrica desde Foz ata Tapia de Casariego, pero tamén a contorna da Ría de Foz, coa vila aos...

leer más