CEIP Pedro Caselles

19/05/2026

O CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán, de Xove, continúa avanzando na organización dos actos conmemorativos do seu 50 aniversario, que terán lugar este sábado, día 23 de maio.

O centro educativo expresa “o seu máis sincero agradecemento á comunidade educativa pola súa implicación, apoio e participación activa na preparación desta celebración tan significativa. Así mesmo desexa recoñecer de maneira especial a colaboración da Escola Municipal de Música, da Asociación Cultural Saíñas, da empresa Alcoa e, de maneira moi especial, do Concello de Xove, cuxo compromiso e disposición están a resultar fundamentais para facer posible este evento. Grazas á suma de esforzos de todas estas entidades e persoas, será posible desenvolver unha xornada de convivencia e lembranza que poña en valor a historia do centro e o seu papel na vida social e educativa do concello de Xove ao longo...

leer más