CCHV

Etiquetas:
09/03/2026

A Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro (CCHV) pon en marcha unha nova campaña de dinamización comercial con motivo do Día do Pai, baixo o lema A semana de papá, “unha iniciativa pensada para premiar a fidelidade da clientela e incentivar as compras no comercio local. A campaña desenvolverase do xoves 12 ao mércores 18 de marzo e consistirá no sorteo dun premio sorpresa cada día entre as persoas usuarias da App ViveiroCCH. Cada premio diario está valorado en 200 euros, polo que serán un total de 1.200 euros en premios”.

O CCHV explica que “durante toda a semana, quen realice compras nos establecementos asociados poderá participar no sorteo a través da aplicación, optando así a gañar un premio diario que se dará a coñecer cada xornada. Con esta acción, o Centro Comercial Histórico busca dinamizar a actividade...

leer más
20/12/2025

A campaña de Nadal do Centro Comercial Histórico de Viveiro continúa nestes días cunha morea de actividades e sorteos: “á decoración dos negocios con guirnaldas navideñas, alfombras de vinilo vermello e árbores de luces leds sumamos nestes días máis actividades. Continuamos co sorteo do Calendario de Advento do Comercio local, un exitazo de participación que ata o momento leva repartidos 19 premios entre cestas de Nadal, cestas doces, xamóns, cestas de produtos de porco celta, caixas de peixes e mariscos, tratamentos de beleza e benestar e décimos de lotería. Cada día un premio valorado en 100 euros. E continua ata o día 24.  A Casita de Papá Noel, instalada na Praza Maior estará funcionando en horario de 17:00 a 20:00 horas do 21 ó 24 de decembro”.

Ademais o CCHV anuncia que “na tarde do día 24 Papá Noel sairá en cabalgata ás 17...

leer más
03/11/2025

A asociación de comerciantes do Centro Histórico de Viveiro instalará na  Sala Multiusos do Concello os xoves 6, 13 e 20 e os venres 7, 14 e 21 de novembro unha ruleta de premios, que repartirá 3.000 euros en vales de compra para gastar en calquera dos negocios asociados ó CCHV e 3.300 premios directos, entre os que haberá paraugas, tote bags, caixas de chocolates, cafés, cañas, postres, tapas e milleiros de descontos para tendas de roupa, complementos, deportes, nenos, xoguetes, xoierías, supermercados, librerías, fotografía, mobles e decoración, ópticas, masaxes, salóns de peiteado e centros de estética.   

“Unha morea de premios para premiar a fidelidade dos clientes do comercio local”, destaca o colectivo empresarial de Viveiro, que anuncia que o horario será de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas.

... leer más