Festa do Comercio
O Centro Comercial Histórico de Viveiro (CCHV) foi recoñecido co Premio Comercio Dinamización 2025, outorgado pola Xunta de Galicia, nun acto celebrado en Santiago o pasado mes de novembro. E para celebralo organiza a Festa do Comercio co sorteo dunha Extra de Verán de 1.200 euros, “unha iniciativa destinada a dinamizar o comercio local e agradecer á veciñanza o seu apoio continuo. Este sorteo especial terá lugar o vindeiro 30 de maio ás 21:00 horas na Praza Maior de Viveiro, converténdose nun punto de encontro para veciños, visitantes e comerciantes. Pero a tarde estará chea de actividades e sorpresas”.
O CCHV explica tamén que “como principal atractivo a campaña inclúe o sorteo dunha Extra de Verán, cun premio de 1.200 euros, co que se busca incentivar as compras nos negocios asociados. Para participar os clientes poderán...
leer másEste sábado, día 10 de xaneiro, terá lugar a XV Festa do Comercio de Acisa Ribadeo, que repartirá 5.000 euros premios e unha viaxe a Menorca para dúas persoas. O sorteo será nas carpas instaladas na Avenida Rosalía de Castro a partir das 20:30 horas.
Desde Acisa a súa presidenta, Carmen Cruzado, explicou que “chega unha data moi importante para Acisa, chega tras o Nadal o sorteo presencial da XV Festa do Comercio, que se realiza coas rifas entregadas durante toda esta campaña comercial, que deu comezo o pasado 5 de decembro. O sorteo comezará ás 20:30 horas nas carpas de Rosalía de Castro, pero a urna estará instalada dende as 17:00 horas para que todos os veciños e veciñas poidan depositar as súas rifas nela con tempo e non ter que facer cola a última hora”.
Cruzado Iglesias lembrou que “foron 180.000 as rifas...
leer másA XV Festa do Comercio, que organiza Acisa Ribadeo, terá lugar o 10 de xaneiro nas carpas situadas na Avenida Rosalía de Castro ás 20:30 horas. Trátase dunha edición especial, a decimo quinta, a campaña que máis anos cumpre realizada pola Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, anuncia que “con esta décimo quinta edición da Festa do Comercio queremos poñer o broche de ouro a un ano excepcional para Acisa Ribadeo e ademais conmemorar precisamente a celebración dos 15 anos da campaña mais antiga de Acisa e de maior éxito, consolidada xa como un referente na nosa contorna. De aí que pensásemos en mandar a unha parella a Menorca a pasar uns días, para pechar o circulo, daquelas primeiras directivas que xa sorteaban viaxes hai 36 anos, cando a asociación botaba a andar”....
leer más





