Cruces

Etiquetas:
25/05/2023

A primeira fin de semana de xuño celébrase na Ponte de Arante (Ribadeo) a Festa das Cruces, de Interese Turístico Galego.

O sábado, 3 de xuño, ás 20:00 horas terá lugar a conferencia titulada A conflitiva construción do santuario da Ponte fai 500 anos, un litixio local resolto en Roma. Correrá a cargo de Alberto Paraje Méndez, arquitecto técnico e secretario da Asociación de Estudos Históricos de Galicia, e rematará o acto coa actuación da Coral Polifónica de Ribadeo.

O domingo, 4 de xuño, ás 12:00 horas celebrarase a bendición dos campos, procesión, bandeo do pendón e reverencia das Cruces. Estará amenizado polo Grupo de Gaitas de Tovar e de seguido terá lugar a misa solemne. Ás 13:30 horas celebrarase a sesión vermú e ás 15:00 horas dará comezo a III Comida Romaxe das Cruces. As reservas pódense facer nos...

leer más