Tempo Libre

Etiquetas:
21/06/2023

A iniciativa enmárcase no programa “Avívate en Cervo VI” e está dirixida á rapazada maior de 18 anos

A inscrición é de balde, o prazo remata o 29 de xuño e as prazas son limitadas

O Concello de Cervo vén de abrir a convocatoria para un curso de monitor de tempo libre que se enmarca no programa Avívate en Cervo VI,  dirixido a rapaces e rapazas maiores de 18 anos.

O curso,  que é de balde, tivo unha gran acollida en anteriores edicións, tal e como apunta a alcaldesa Dolores García Caramés, polo que apostamos por seguir ofrecéndolle á nosa mocidade esta ferramenta formativa “que contribúe a dotalos da motivación e das habilidades precisas para o seu futuro, co obxectivo de contribuír a mellorar a súa empregabilidade nun mercado laboral cada vez máis competitivo”.

...

leer más
Etiquetas:
18/02/2015
Ribadeo acollerá a celebración dun curso de monitor/a de actividades de tempo libre. A inscrición poderá facerse no Concello ata o 26 de febreiro.
 
O Concello, a través da OMIX, organiza un curso de monitor/a de actividades de tempo libre, que se desenvolverá durante os meses de marzo, abril e maio. A inscrición está aberta desde hoxe ao 26 de febreiro. 
O curso terá unha duración de 200 horas de formación teórico-práctica e 150 horas de prácticas. Será impartido os sábados e domingos de marzo, abril e maio en horario de 9 a 14 horas e de 16 a 21 horas na sala de xuntas do pavillón municipal de Ribadeo. Entre as cuestións que abordarán figuran: psicoloxía evolutiva, animación deportiva, educación ambiental, educación para a saúde, lexislación en tempo libre, etc. 
Ofértanse 25 prazas destinadas a persoas maiores de idade que deben ter os títulos de EXB, ESO, FP ou equivalentes....
leer más