Aire libre

08/08/2023

Mariña Patrimonio, en colaboración co Concello de O Valadouro, organiza para o domingo 13 de agosto a proxección do documental “Segadores da Órrea en terras de Castela.Unha historia de heroes” promovido pola Asociación de Veciños e Veciñas de Santa Comba da Órrea (Riotorto) e dirixido pola xornalista Vanesa Gómez xunto coa deseñadora e fotógrafa Laura Alonso.

O documental recolle o testemuño de trinta e un veciños da parroquia da Órrea, que se desprazaban nos meses do verán a Castela para realizar os traballos da sega; unha migración de tempada que moitos miles de galegos protagonizaron ao longo de trescentos anos e que perdurou ata os anos 60 do pasado século XX.

Esta película documental posúe un gran valor antropolóxico, sociocultural e histórico, recoñecido nas diferentes proxeccións realizadas en Galicia e...

leer más
31/07/2023

O auditorio de Cabanela acollerá concertos os mércores de agosto. Roock by me. As tardes do verán son así, está cofinanciado pola Xunta e polo Concello de Ribadeo. 

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, explicou que “catro mércores de agosto imos ter concertos á tardiña no auditorio de Cabanela. Serán os días 2, 9, 23 e 30 ás oito e media da tarde. Poderemos escoitar a cinco grupos no proxecto Roock by me. As tardes de verán son así, que está cofinanciado pola Xunta de Galicia e o Concello de Ribadeo”.

A edil ribadense contou que “os grupos que nos acompañarán son Superglú, The Lazy Bones, Beach Avenue, The Foolans e La Indirigible. E comezamos xa este mércores, día 2. Animádevos a baixar a Cabanela a gozar da música nun marco incomparable”.

 

30/06/2023

Esta exposición, composta por oito pezas decoradas por ambas caras -co cal suman 16 creacións nas que aparecen representados os faros da Costa da Morte- estará instalada durante todo o ano no paseo do Torno, en San Ciprián para desfrute de veciños e visitantes.
Chega agora a Cervo tras pasar por diferentes localidades como Fisterra, Sanxenxo ou a cidade da Coruña.

Esta exposición pertence á penúltima edición do certame, a oitava, do "Concurso de Murales de Azulejo Lar", dirixido a estudiantes da ESO e que desde o primeiro momento tivo moita aceptación por parte dos centros, profesorado e alumnado.

 

Etiquetas:
13/05/2022

Esta actividade propón un percorrido de 6 quilómetros con estacións de adestramento o próximo 29 de maio.

O Concello de Viveiro colabora na primeira edición de “Walkfit”, unha actividade de adestramento ao aire libre impulsada pola adestradora Lorena Díaz. A iniciativa celébrase o próximo domingo 29 de maio, ás 10:30, percorrendo a vila de Viveiro con diferentes exercicios. 

“Walkfit” é un camiño de adestramento en grupo ao aire libre que combina ao longo do seu recorrido, estacións de adestramento dirixidas por adestradores profesionais.

Este tipo de experiencias de benestar desenvólvense nun contexto urbano, neste caso, no propio centro de Viveiro e a súa periferia. Polo tanto, a vila de Viveiro convértese no propio ximnasio. 

A iniciativa propón deste modo...

leer más
29/04/2022

O vindeiro 7 de maio arrincará O Renacer do Cantil, un programa de actividades que se desenvolverá durante as fins de semanas dos meses de maio e xuño e no que a natureza será a protagonista. O obxectivo da Concellaría de Turismo é a desestacionalización e ofrecer novas propostas aos visitantes, que poderán beneficiarse dos seus efectos positivos. 

O 7 de maio ás 19:00 horas na Illa Pancha terá lugar O Bardo do Cantil. O actor e guía turístico Suso Martínez proporalles aos asistentes unha viaxe imaxinaria, unha declamación pondaliana en clave mitolóxica. Será un relato, acompañado pola música do grupo tradicional Illa Pancha, no que o universo mítico dos cantís e do mundo celta serán os protagonistas. 

Arrolos do cantil é o nome da actividade programada para o 14 de maio en Piñeira ás 11:30 horas. Será impartida...

leer más
Etiquetas:
24/08/2021

Volta o Cine na Rúa coa película "Eroski Paraíso" que se proxectará en Vilamar este sábado, 28 de agosto, ás 22:00 horas.

Sinopse: Eroski Paraíso é unha comedia documental que explora a memoria colectiva, a deriva vital e a transformación das relacións dentro dunha pequena comunidade, a partir de historias reais recollidas sobre a sala de festas O Paraíso, que funcionou en Muros, un pequeño pobo da costa galega, entre 1972 e 1990, e que ao cabo dos anos foi convertida nun supermercado Eroski. Un feito que, cambiando os nomes, repetiuse en infinidade de lugares de toda España, onde os cines, salas de festas e outros espazos de socialización fóronse transformando en espazos de consumo. Unha metáfora viva da transformación social ocorrida nos últimos 35 anos.

A proxección será no Campo da Festa de Vilamar ás dez da...

leer más
Etiquetas:
17/08/2021

Nuria Torrado González impartirá unha clase de ioga ao aire libre este xoves, día 19 de agosto, ás 16:00 horas no concello de Cervo, concretamente no parque Reina Sofía, de San Cibrao.

Esta actividade, organizada polo Concello de Cervo, titúlase Non desesperes … relax. Os interesados en participar deben anotarse previamente vía whatsapp no teléfono 691.65. 66.00.

Etiquetas:
14/08/2021

O vindeiro mércores,18 de agosto, volverá a Burela o Cine ao Aire Libre coa proxección en pantalla xigante do filme infantil “Abominable” ás dez da noite na praza da Mariña. 

Yi é unha adolescente máis na enorme cidade de Shangai. Un día atópase a un pequeno yeti na azotea do seu edificio. A supostamente “abominable” criatura que se escapou do laboratorio onde estaba encerrada está a ser buscada por toda a cidade. Xunto cos seus enxeñosos amigos Jin e Peng Yi decide axudarlle a fuxir e os catro embárcanse nunha épica aventura para reunir á mítica criatura coa súa familia no pico máis alto do mundo: o Everest. 

A duración é de 97 minutos. A entrada será de balde. O evento seguirá o protocolo covid: máscara, hidroxel e distancia de seguridade entre o público asistente.

 

11/08/2021

Música e exposición na axenda cultural de Ribadeo para estes días. 

O sábado, 14 de agosto, Malajunta Tango Dúo presentará Apiazzolados co arxentino Martín Bucki ao piano e o asturiano José Luis Álvarez ao saxofón e acordeón. A actuación terá lugar no quiosco do Parque de San Francisco ás 20:00 horas.

O domingo, día 15, ofrecerá un concerto o grupo Beetle Judge dentro do ciclo Soa Forte, que organiza o Concello de Ribadeo. Será no Forte de San Damián ás 20:30 horas. A venda anticipada de entradas farase na Oficina de Cultura a partir deste mércores 11 en horario de 9:00 a 14:00 horas. Tamén no ciclo Soa Forte actuarán Remakers, o día 22 de agosto, e Astra, o día 29.

Ademais ata o 10 de setembro no Forte de San Damián pódese visitar a exposición fotográfica La madre que nos parió. A nai...

leer más
06/08/2021

Continua o programa Cultura na Rúa cargado de actuacións para as noites de agosto: cinema, teatro e música, daranse cita na Praza Santa María.

O 7 de agosto ás 20:30 horas Teatro Ghazafelhos representará “A illa sen tesouro”.

O día 14 tamén ás oito e media da tarde haberá pasarrúas e concerto tradicional-popular coa Asociación Cultural O Arca da Vella e a ADM Dambara. 

O 21 de agosto ás 20:30 horas nova cita co teatro familiar. Nesta ocasión Pérez&Fernández porán en escena “Picnic”.

E o día 28 haberá Cine na Rúa ás dez da noite coa proxección da película “Lo nunca visto”.
Recoméndase a inscrición previa no 982571516 de 9 a 14 horas e de 15:30 a 20:00 horas.